Ribadeo, 6 de maio de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, responde ás críticas vertidas nas últimas horas desde o PP, asegurando que sempre está disposto á colaboración pero nunca á demagoxia, á marrullería e ao oportunismo. Así se refire á petición para o desenvolvemento dunha actividade de dinamización da praza de abastos, realizada desde a Fundación Semana Verde de Galicia. O rexedor manifesta que para un día de celebración deste evento, o aparcamento das inmediacións do mercado ribadense ía estar ocupado durante catro xornadas, do 2 ao 5 de maio ambos incluídos, e iso non era posible nesas datas nas que Ribadeo recibiu a centos de visitantes. Desde o Concello propóñenlle, a través dunha carta, aos organizadores que se realice no interior da praza nunha data na primeira quincena de xuño, ademais doutras cuestións de índole legal a cumprir.
Suárez Barcia referiuse así ao acontecido: “en relación con esta crítica que un paracaidista local nos fai por esta petición que nos fixo a Xunta, hai uns días, sobre a posibilidade de utilización do aparcamento da praza da abastos para unha actividade de promoción de produtos de calidade galegos, temos que dicir desde o Concello e honestamente que nosoutros non prohibimos nada, nin as medidas que propuxemos á Xunta son imposibles de cumprir nin moito menos”.
O alcalde ribadense explicou que “remitímoslle hai uns días un escrito para tentar atopar unha fórmula na que se puidese conciliar este evento, que nos parece por outra banda positivo, co funcionamento dinámico desta zona céntrica da vila. Para iso explicámoslle que ademais de aportar o seguro de responsabilidade civil, como todo o mundo ten que facer, tamén lles indicamos que non sería posible furar no pavimento como método de anclaxe destas carpas. O que era máis preocupante era a imposibilidade de que esta estrutura estivese ocupando un aparcamento moi concorrido durante catro días, para tan so unha xornada de funcionamento, tendo en conta a demanda de aparcamento que hai nesa zona á vista desta ponte festiva que houbo. Polo tanto recomendámoslles facer este evento ou ben reducido na montaxe e desmontaxe para facelo soamente un día, ou en todo caso movelo para o mes de xuño dado que habería moitos menos problemas de conciliación de actividades”.
O rexedor engadiu: “a todo isto cal é o problema para a Xunta, pois que o mes de xuño ven despois de maio e o 26 de maio hai eleccións, e en xuño xa non interesa nin a promoción dos produtos galegos nin nada da nada. A Xunta do PP vese que nestes últimos días parece que se interesa por todo, algo que non fixo durante estes catro anos. E agora da man dun paracaidista local anda prometendo o ouro e o mouro, anda prometendo grupos de música ás festas, promete chalecos e roupa de propaganda ás asociacións culturais, promete vehículos, promete embarcacións, promete ata edificios e non sei cantas cousas máis. Pero pola contra a Xunta o que tiña que dar ao longo destes catro anos, e non nestes últimos días de promesas ridículas, tiña que aportar realmente e non aportou nada para a residencia de maiores, tiña que aportar que non aportou nada para a rede de saneamento ou mesmo para o abastecemento de auga na acometida principal, ou tiña que facer cando menos unha achega digna na renovación do campo de fútbol. De todo iso non houbo máis que silencio e demagoxia”.
Fernando Suáerez manifestou: “para concluír, nós ás colaboracións para facer cousas sempre nos terán tendendo a mao para traballar polo ben de Ribadeo, agora ben, demagoxia, marrullería e oportunismo nunca”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



