Trátase dun proxecto exclusivo e novidoso en Galicia para fomentar o talento dos nen@s. Traballarán a lectura, a lóxica, o inglés ou a redacción nas actividades de reforzo de primeira hora da mañá.

De 19:00 a 20:00 será a retirada anticipada de tickets, que terán un prezo simbólico de 2€. As persoas que colleran o ticket anticipado poderán acceder ao auditorio da Casa da Cultura pola entrada lateral que dá ao kiosko. A apertura de portas xeral será ás 20:30, e o karaoke comezará ás 21:00. Ademais, poderase seguir o evento en directo na canle de YouTube do Concello de Burela: https://www.youtube.com/live/xNbXLUJlykA. Primeiro premio: 150€ e vale de ACIA por valor de 100€. Segundo premio: 100€ e vale de 75€ de ACIA. Terceiro premio: 50€ e vale de 25 € de ACIA
A propietaria do establecemento é a francesa Delphine Moyen, que explica: “En un local al estilo parisino y acogedor ofrecemos desayunos y meriendas dulces y salados; tenemos cafés de varias procedencias y también vermús, vinos y cervezas. Además hacemos tartas caseras personalizadas, que por ahora es lo que más nos demandan los clientes; hay que encargarlas con al menos dos días de antelación”.
O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase de luns a venres nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, todos os días en horario de 9:30 a 14:30 horas. Constará de varias actividades coas que os nenos e nenas poderán aprender mentres se divirten. Tamén se tentará, sempre que o tempo permítao, programar diversas saídas.
Con fotografías das fotoxornalistas Pepa Losada, María Mon Geada e Aida López. Terá lugar este venres 30 de Maio as 20,00 horas.
Un recoñecemento que certifica a calidade ambiental, a accesibilidade e o compromiso coa sustentabilidade dun dos principais recursos turísticos do concello. Esta Senda, que percorre boa parte do litoral naviego, volveu a ser distinguida polo programa Carreiros Azuis de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor).
O percorrido guiado por Ana Pena permitirá aos participantes conectar o camiño do Foxo co paseo litoral visitando os recunchos máis salientables como a curiosa "Tableta de Chocolate", os asentamentos castrexos, os obxectos atopados e a importancia que tivo e ten Cabo Burela. Unha boa oportunidade para coñecer o patrimonio de Burela que ademais estará en festas coincidindo ese día coa confección das alfombras florais. O paseo circular de 4,5 km comezará ás 11:00h. Todo aquel que esté interesado deberá anotarse no 654 99 68 57. A visita ten un custo de 10€ para os maiores e 5€ para os pequenos.
O Xebra! foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraranse os doce anos cun cartaz cunha pinchada colectiva das socias e os concertos do dúo punk Pladür e o DJ Signora Anido. A entrada do venres será de 2€ para socias e 3€ para non socias, mentres que a do sábado será de 8 e 10 euros, respectivamente. O local abrirá a partir das 22:30 horas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital