Mondoñedo, 28 de maio de 2019.- O Concello de Mondoñedo, a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, vén de iniciar as obras de rehabilitación da planta baixa da Casa dos Coengos e a súa adecuación como Museo da Imprenta. A actuación contará cun orzamento de 47.795 euros e terá un prazo de execución de 4 meses, aínda que se prevé que poida estar rematada no verán.
A alcaldesa en funcións, a popular Elena Candia, explica que con esta actuación se pretende recuperar e poñer en valor a historia da imprenta na cidade tan ligada ao movemento cultural.
Candia destaca que se cumpre unha débeda cos sucesores de Mancebo, que tivo a xenerosidade de ceder parte do material. O Goberno local agradece ademais a cesión da Casa dos Coengos por 25 anos e subliña a posta en marcha dun novo proxecto que naceu por unanimidade e a proposta dos veciños e veciñas.
A edificación elixida para o uso museístico é a planta baixa da coñecida como Casa dos Coengos na Rúa da Imprenta, situada na parte traseira da Catedral e que fai esquina á súa vez coa Praza do Seminario. O obxectivo é achegar a historia da imprenta en Mondoñedo de modo didáctico e comprensible para o público en xeral.
Para iso empregaranse medios gráficos e construtivos que sirvan de apoio ás pezas e que se completen coas explicacións precisas. Imaxes, gráficos, liñas cronolóxicas e textos formarán parte dos recursos a empregar. Haberá soportes gráficos e explicativos e audiovisuais nun espazo de 100 metros cadrados que se amosarán a través dunha lectura expositiva clara e amena.
Exposición de gran valor
Grazas á colaboración de Imprenta Sucesores de Mancebo, Gráficas Lucenses e Junor, a exposición contará con varias máquinas de impresión de gran valor:
Máquina plana H, Jullien 45×64. Ano 1872, fabricada en Bélxica.
Minerva Hispania semiautomática 45×32
Guillotina Manual
Linotipia
Máquina marca Nebiolo 50×35
A imprenta en Mondoñedo
Mondoñedo, ademais de terra de escritores, foi unha das primeiras poboacións de Galicia en coñecer a imprenta. En 1550 Agustín Paz xa confeccionaba varias obras. Desde o ano 1553 ata mediados do século XIX deixou de existir, tendo que imprimirse fóra da cidade. Cara ao 1850 créase a segunda imprenta en Mondoñedo cando José Pérez traslada á cidade unha parte importante da imprenta que tiña en Lugo, adquirida á viúva de Riesgo. En 1870 inicia a súa andadura a imprenta de D. Hermenegildo Mancebo, a de maior traballo durante moitos anos e que segue en funcionamento na actualidade.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



