Burela, 29 de maio de 2019. O Concello de Burela clausurou este martes as Escolas Deportivas Municipais de Inverno. O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo estar moi contento pola súa evolución e polo número de rapaces e rapazas que participaron nesta edición. Os asistentes recibiron un diploma acreditativo e unha medalla. O curso rematou cunha exhibición de zumba e patinaxe.
Fernández Rey comentou que “desde o Concello de Burela na Delegación de Deportes, onte clausuramos as Escolas Deportivas Municipais de Inverno. Aproveitamos para mostrar todo o traballo que levan feito durante o ano as rapazas de patinaxe e de zumba”.
O concelleiro burelés dixo: “estamos moi contentos de cómo foi evolucionando todo e do número de participantes nas actividades. Queremos felicitar ás monitoras e á empresa que ten subcontratado este servizo”.
O edil de Deportes animou “á xente a seguir participando nelas porque evidentemente sen a participación dos nenos e das nenas non sería posible facer estas actividades. Onte a exhibición de patinaxe e de zumba foi moi vistosa e tanto os pais como as nais e avós e avoas que asistiron quedaron moi contentos. Entregámoslles un diploma acreditativo da realización da actividade máis unha medalla polo esforzo feito durante o ano”.
Ramiro Fernández manifestou que “imos seguir apostando por este tipo de actividades porque, como ben dicimos sempre, o deporte é unha das liñas básicas do noso goberno”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
