Son xa 16 as veces que estivo no país oriental, neste caso nas montañas de Wudang, onde se cre que naceu o TaiJiQuan… Acompañárono alumnos de Galicia, Castila León e Madrid. A viaxe durou dúas semanas nas que estiveron internos nunha escola tradicional de artes marciais, na cal Miguel Angel xa estivo noutras 4 ocasións. Estiveron baixo a dirección do Mestre Chen Shixing, monxe taoísta considerado unha lenda en China. Aprenderon e correxiron formas avanzadas de TaiJiQuan, e xa unha vez de volta con gañas de repetir para o próximo ano.
