Ribadeo, 6 de maio de 2019. A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan as XII Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local, que se celebrarán no Teatro os días 10 e 11 de maio. A temática deste ano leva por título Transitando nas marxes: a maior vulnerabilidade, maiores violencias. Como novidades nesta edición, o sábado proxectarase o documental sobre a Operación Carioca e haberá despois un coloquio. Tamén ese día terá lugar o espectáculo Deforme semanal, programa cultural e político en ton humorístico presentado por Isa Calderón e Lucía Lijtmaer. Ademais volve por segundo ano a carpa da igualdade para as familias, para os adolescentes ou para as crianzas, na que haberá monitores especializados nesta temática, que contarán con material específico para pasar a tarde do sábado. Trátase tamén dun xeito de conciliar a asistencia ás xornadas co coidado dos pequenos e pequenas.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anunciou que “un ano máis, desde a Mesa Institucional de Violencia de Xénero, organizamos estas xornadas que tratan temas moi importantes e moi relevantes, e nesta ocasión o tema que imos abordar é poñer enriba da mesa as dificultades ou aínda máis as vulnerabilidades maiores que teñen aquelas mulleres, que son vítimas de violencia de xénero, con algún tipo de diversidade funcional, de discapacidade, mulleres maiores ou mulleres doutras etnias”.
A edil subliñou que “quixemos poñer enriba da mesa eses temas porque nos parece moi importante e porque, como ben dicimos, se ser muller e que se dean as circunstancias de violencia de xénero dunha maneira xenérica na nosa sociedade neste tipo de circunstancias aínda se agravan máis estas situacións. As xornadas vanse desenvolver no Cine Teatro de Ribadeo o venres, día 10 de maio, desde as cinco da tarde ata as oito da noite, e o sábado 11 ao longo de todo o día. O programa é moi amplo e moi completo, as xornadas son totalmente gratuítas, e convidamos a todas aquelas persoas que o desexen que se fagan co programa, que se informen e se non poden asistir á totalidade delas que participen naquelas charlas e relatorios aos que lles poidan sacar máis proveito ou que queiran recibir información. Creo que o máximo potencial que se lle pode sacar ás xornadas son as tertulias ou intercambios de información que se manteñen despois cos poñentes e coas poñentes que veñen. Son persoas que teñen un amplo bagaxe formativo, que están moi formadas no ámbito do que nos veñen a dar e que teñen moito renome. É un luxo poder contar en Ribadeo e na Mariña con estes poñentes porque ás veces costa moito traelas porque a súa vida profesional e laboral impídelles poder estar aquí”.
Álvarez Lastra contou que “este ano, como o pasado, incidimos no ámbito de sacar as xornadas fora do Cine Teatro, traballar no tema da sensibilización e da prevención, e por iso imos manter a carpa de igualdade que iniciamos nas xornadas que fixemos no mes de setembro. A experiencia foi moi boa para que as familias, os menores e os adolescentes se acheguen alí, fagan determinado tipo de actividades tanto construíndo, contando, xogando, e se acheguen a materiais que existen relacionados co ámbito da igualdade. Vai haber monitores e monitoras especializados e material específico para traballar estas actividades, e a carpa vai estar ao carón do Cine Teatro, na Praza 8 de marzo, desde as catro da tarde ata as oito e media da noite ininterrumpidamente, con actividades para que se pasen por alí e disfruten. Tamén dicir que aquelas persoas que acudan ás xornadas, que teñan menores, poden deixalos alí a cargo dos monitores para poder achegarse ás charlas porque tratamos de potenciar esa conciliación para poder formarnos, poder disfrutar do noso tempo e asistir a aquelas cousas que nos gusten ou nos interesen. Posto que o peso dos coidados recae sobre nós, intentamos tamén facilitar neste ámbito”.
A edil ribadense engadiu que “este ano pretendemos darlles un carácter máis cultural e máis divertido. Facemos a proxección dun audiovisual, que rompe a dinámica dos talleres e os fai máis dinámicos, sobre a Operación Carioca. Ademais temos unha actividade cultural que creo que é moi potente, que está tendo moito tirón e que é algo totalmente diferente, que é a actuación do grupo de Deforme Semanal, que fan un programa cultural e político, presentado por Isa Calderón e Lucía Lijtmaer, que está tendo moito éxito. Tratan dunha maneira crítica e cun humor agridoce os temas dos que estamos a falar nese día. Vai ser un acto aberto e gratuíto que empezará ás sete e media da tarde, o sábado. Eran aquelas ideas que nós tíñamos que parecía que podíamos tratar, que nos faltaban, e que este ano quixemos poñer enriba da mesa para facelas un pouco máis atraíntes e tamén para dar outra visión diferente, e abarcar o tema da prevención e da sensibilización tratando temas de actualidade dunha maneira que non nos deixe indiferentes”.
As encargadas de explicar polo miúdo o programa das XII Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local foron Luísa Couceiro e Paz Ramil.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



