Lugo, 17 de maio de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, participaron, este venres, na saída da 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo que se celebrou na Praza Maior. A cita deportiva contará con 172 corredores de toda España e percorrerá 12 Concellos da Provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio.
Rivera Capón sinalou que “arranca unha nova edición do Desafío Volta a Lugo, que ao longo desta fin de semana recorrerá a nosa Provincia. Tratase dunha proba xa asentada na que cada ano participan máis ciclistas. Ademais hoxe contamos coa presenza do humorista David Amor, que participará na primeira etapa. Unha cita clave para dar a coñecer Lugo como destino do turismo activo e deportivo”.
O Desafío constará de 3 etapas, un total de 265 quilómetros, cun desnivel acumulado total de 4.900 metros. A carreira percorrerá os concellos de Lugo, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín, Pontenova, Lourenzá, Riotorto, A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo. A primeira etapa partirá de Lugo terá 86,1 quilómetros, con meta na Pontenova, de onde partirá tamén a segunda etapa e percorrerá 92,7 quilómetros ata chegar A Fonsagrada. A derradeira etapa rematará outra vez en Lugo, nunha xornada de 85,8 quilómetros.






















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.
