Lugo, 5 de xuño de 2019. O Pazo de San Marcos acolleu unha xornada formativa sobre a licitación pública electrónica dirixida aos concellos da provincia. Ao redor de 50 técnicos e membros do persoal de entes locais da provincia de Lugo que están a desenvolver o seu traballo no eido da contratación pública asistiron a este obradoiro que tivo lugar, este mércores, no salón de actos da Deputación.
O encontro formativo organizado pola Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos realizouse ante anecesidade de adaptación á nova lexislación actual que obriga aos Concellos e demais organismos de contratación a implementar o formato electrónico na contratación pública.Trátase dunha nova obriga que impón a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se trasladan ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
No ámbito dos Concellos, esta obriga legal supón unha oportunidade de cambio beneficiosa tanto para os provedores como para a propia Administración. Entre as vantaxes da licitación electrónica están a maior comodidade na tramitación,a redución no número de desprazamentos e o incremento da transparencia. A contratación electrónica tamén favorece unha maior apertura de mercado xa que posibilita unha maior concorrencia e participación do tecido empresarial ao permitir interactuar con entidades doutros ámbitos xeográficos.
Este obradoiro formativo organizado pola Deputación, foi eminentemente práctico, facendo fincapé no uso das dúas plataformas electrónicas para a licitación pública, a Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado e a Plataforma de Contratos Públicos da Xunta de Galicia. Os Concellos poden usar calquera destes dous sistemas pero deben optar por un.
Estas canles ofrecen a información das licitacións das diferentes Administracións e do sector público autonómicos e das entidades locais dadas de alta nos sistemas. Na xornada amosouse o acceso aos sistemas de licitación electrónica da Plataforma de contratación do Estado e a Plataforma SILEX da Xunta de Galicia que facilitan a presentación de ofertas por vía telemática.
O Adxunto Xefe de Servizo de Comunicacións e TICs, Nicolás Fariña Verea, e o Técnico de Xestión do Servizo de Asistencia Xurídica Económica e Técnica aos Concellos, César Castiñeira Muiña, ofreceron unha visión práctica da licitación pública electrónica. Ambos técnicos da Deputación Provincial de Lugo afondaron no funcionamento da Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado que é o sistema empregado na Deputación.
Pola súa banda, para amosar o sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) participaron nesta xornada como poñentes a Secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, Elena Barba Pan, e o Analista Programador do CIXTEC, Manuel Rodríguez Salgado, ambos da Xunta de Galicia.
Plan Tics da Deputación
O Goberno Provincial en funcións impulsou nos últimos anos un Plan de Tics para axudar aos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes a cumprir coas leis do Procedemento Administrativo Común e do Réxime Xurídico do Sector Público. Estas normativas obrigan ás entidades locais a realizar cambios nas súas ferramentas tecnolóxicas para modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns a realización de todos os seus trámites cos Concellos de xeito telemático e con seguridade. No 2017 destináronse 300.000 euros e outros 138.000 euros máis, no 2018, para promover o uso da Administración Electrónica nos Concellos.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.