A Mariña, 7 de xuño de 2019. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Alfredo Llano, fai balance do traballo realizado e subliña a formación impartida para o sector hostaleiro da comarca e o desenvolvemento do programa Catuxa nos centros de ensino para loitar contra a violencia de xénero, entre outras actividades. Para as vindeiras semanas anuncia a presentación das Rutas de Artesanía o 14 de xuño e a edición de 30.000 exemplares da guía turística da Mariña.
O presidente da Mancomunidade lembrou que “se fixeron moitas cousas nesta lexislatura na Mancomunidade que tiveron moito éxito. Tivemos dous premios, un deles de residuos machistas e outro o programa Catuxa, e estivemos traballando en moitos ámbitos, sobre todo no turístico. No turismo temos gran implicación, agora mesmo coa Xerencia de Turismo estase dando unha nova forma e un novo enfoque, penso que se está traballando moi ben. Foi unha lexislatura na que puidemos definir que os 16 concellos que conformamos A Mariña estamos traballando ao unísono, todos xuntos, co único propósito de facer que todo isto resulte beneficioso para cada un dos concellos implicados. Vendemos o xeodestino como algo único e realmente penso que é unha filosofía boa porque está dando bo resultado”.
Alfredo Llano explica que “recibimos unha subvención de preto de 80.000 euros para contedores que xa están solicitados e marcados polos diferentes concellos, e que axiña se van sacar a licitación. Imos facer unha reunión dentro de pouco tempo con diferentes concellos que conformamos a Mancomunidade, a través da comisión especial de contas onde estamos representados todos, para falar destes temas por se houbera algunha variación dentro do marxe que ten cada un. Tamén imos tratar que haxa unha campaña de concienciación de medio ambiente, dado que estes días se está a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, queremos facer algo aproveitando a subvención dos contedores. Tamén está funcionando ben a recollida dos aceites que se usan nas casas, e a de roupa, que toca unha nova licitación este ano”.
O presidente da Mancomunidade engadiu que “estamos rematando o programa Catuxa, que gañou o segundo premio da Xunta de Galicia dos plans Coopera. Deu moi bo resultado con moita aplicación de todos os institutos e colexios da zona, polo tanto creo que logrou o fin que queríamos todos. Estamos agora mesmo en marcha tamén coa programación do plan integrado de emprego, no que estamos traballando con cen persoas desempregadas da Mancomunidade. Está dando un resultado extraordinario e estamos na formación en diferentes ámbitos, en atención sociosanitaria, en produtos ecolóxicos, en xardiñeiría, en restauración, etc… En Turismo estamos con cursos de formación para mellorar a calidade dos nosos profesionais tanto de hostalería como de restauración. Estanse a dar dous cursos de inglés básico en Foz e Viveiro que tiveron boa acollida con bastantes profesionais e tamén se fixeron cartas neste idioma”.
Alfredo Llano anunciou que “estamos tamén coa presentación, que vai ser o día 14 de xuño no Cenima, dunha guía das rutas de artesanía onde se contemplan os artesáns que hai na Mariña e como se pode ir visitalos. Xa temos planificado que se fagan, as tres últimas fins de semana do mes de xuño, unhas visitas concretas a diferentes artesáns da Mancomunidade. Esa guía vai levar información sobre os artesáns, onde viven e que se pode visitar nos lugares onde están. É unha guía moi completa, moi bonita e perfecta para motivar que a xente visite os lugares onde traballan os diferentes artesáns da comarca. Tamén imos publicar unhas 30.000 ou 35.000 guías co mapa da Mariña, xa a temos e sabemos que dá moi bo resultado, onde figuran os 16 concellos coas diferentes cousas que oferta cada un ao longo do ano. É unha guía que está tendo moito éxito e alí onde a levamos sempre se esgota a unha velocidade espectacular”.
Llano asegurou que “é un balance positivo do que se fixo sempre pensando na Mancomunidade como unha cuestión única. Trataremos de ampliar e mellorar cousas. Na próxima reunión que fagamos será para falar de temas de medio ambiente, sobre todo da recollida selectiva que vai ser obrigatorio facela con respecto á orgánica. Estamos mirando de facer un estudio, que temos que falar cos 16 concellos, das necesidades de cada un para ver si se pode xestionar de forma conxunta. Polo tanto cremos que estamos traballando na mellora daquilo que se pode compartir dentro dos 16 concellos, e iso é sempre moi boa cousa. Foi unha lexislatura marcada por gran cantidade de actividades e de acordos aos que se chegaron nos diferentes concellos, tanto de cuestións internas como de turismo, polo tanto considero que debemos seguir así na próxima lexislatura, sexa quen sexa quen estea aí, que siga defendendo A Mariña como un ente único, completo, diverso e moi chamativo, ben sexa no ámbito económico, como no cultural, no social e no turístico”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



