Burela, 4 de xuño de 2019. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme asistiu hoxe, martes, no auditorio da Casa da Cultura de Burela a unha obra de teatro interactivo en inglés da Compañía Face2Face.
Os rapaces e as rapazas desfrutaron dunha adaptación da historia de Tarzán no idioma de Shakespeare. Segundo explican desde as dirección dos centros “o inglés entendeuse fenomenal porque os dous actores principais conectaron co público infantil de marabilla, facendo que todos participaran da obra”.
E agradecen “ao Concello de Burela e en particular ao señor concelleiro de Cultura e Educación, José Díaz, a súa implicación cos dous colexios de Burela para favorecer que todo o noso alumnado poida ter máis contacto co teatro a idades temperás”.
Pola súa banda, o edil burelés José Diaz dixo: “pensamos que colaborar cos Ceips neste aspecto e algo bo para os seus alumnos. É unha forma de aprender divertíndose e interactuando cos actores das obras. Estiven pola mañá no auditorio con eles e resultou fácil comprobar que a actividade encantoulles”.
O concelleiro de Cultura e Educación agarda “poder seguir colaborando con eles neste sentido na medida do posible e agradecemos o interese demostrado tanto polas directoras de ambos centros educativos como do profesorado”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



