Ribadeo, 15 de xuño de 2019. Un ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios.
O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13 de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.
A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.
As persoas que desexen participar terán aberto o prazo ata o día 28 de xuño para poder inscribirse.
Participación
Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividades relacionada coa cultura indiana ou da época (finais do S.XIX e principios do S.XX) tales como produtos da horta con especial incidencia nos chegados das Américas: pataca, pemento, tomate, millo e outros relacionados, produtos latinos de alimentación, doces e pasteis típicos da época, xoguetes de época, xeado , chocolates, antigüidades, oficios de época etc…
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



