A Mariña, 15 de xuño de 2019. Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 29 de xuño un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de A Pontenova. Aínda que dos detalles da xornada se informará máis polo miúdo, adiántase que se contará coa inestimable colaboración de Carlos Miranda Trevín para a visita do patrimonio relixioso (Conforto e Vilameá) e do antropólogo Miguel Losada para a visita etnográfica en Vilarxubín. Nesta xornada tamén coñeceremos o patrimonio relacionado co ferro.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Viveiro e faría as paradas intermedias necesarias ata A Pontenova. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 19:00, cunha pausa para o xantar de 14:00 a 16:00.
Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse enviando un correo a mr.patrimonio@gmail.com , no que se indicará o nome, se é socio/a ou non, e as opcións do bus e do xantar. A data límite para facelo é o 20 de xuño e o venres 21 informarase ás persoas anotadas sobre o importe e o número de conta.
Máis información no blog de Mariña Patrimonio. https://mrpatrimonio.blogspot.com/2019/06/visita-de-marina-patrimonio-polos-bens.html





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



