Burela 13-6-19. O alcalde burelés, Alfredo Llano explicou que “en Burela estamos xa facendo os trámites oportunos para contratar oito socorristas por parte da Xunta de Galicia e outros dous por parte da Deputación. Son dez en total os que van estar ocupando os seus postos durante dous meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Estábamos acostumados a que antes, na outra lexislatura que estivera eu de alcalde en Burela, que nos daban desde a Xunta de Galicia dez socorristas durante tres meses, ou sexa que eran máis socorristas e ao mesmo tempo contratos moito máis longos”.
Para Alfredo Llano “non se entende como estes días saen desde o PP de Viveiro, de Burela ou de Ribadeo dando as grazas á Xunta por estes dous meses de socorristas cando merman en número e merman en tempo”.
O rexedor dixo que “está contrastado e comprobado, dado que a min mo ten comentado a xente que quere participar como socorrista nas nosas praias do litoral da mancomunidade, que o problema que temos agora é que non damos acadado socorristas en número por unha razón moi simple, porque baixaron os contratos un mes, entón os rapaces, que normalmente eran estudantes, durante os tres meses do verán estaban contentos, pero agora ao ser dous meses de contrato o que procuran é buscar outros traballos que lles implique máis rentabilidade, máis estabilidade e máis cartos durante estes tres meses. Así que esta decisión por parte da Xunta de limitar o número de socorristas, pasar de dez a oito no noso caso, e limitar tamén o tempo, o que fai é que a xente teña cada vez menos interese, deixen de facer cursos para obter o título e esteamos perdendo oportunidades de contratar socorristas”.
Llano considera que “hai que ser coherente. Se a Xunta di que interesa o turismo para Galicia, non se pode dicir por un lado que se quere o turismo e por outro se limitan os medios para que os turistas poidan vir e ter garantida a seguridade nas praias. Nosoutros, como sabemos que a Xunta non nos dá ultimamente os socorristas que necesitamos, traballamos a través do Plan Único da Deputación e contratamos dous máis. En total contratamos a dez para estes dous meses que van estar. Imos ver agora se non temos dificultade ao solicitar ao INEM que nos mande dez ou doce rapaces ou rapazas que queiran participar nesta tempada de verán”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



