Ribadeo, 19 de xuño de 2019. O Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo. Este venres, día 21, ás sete da tarde remata o prazo para adherirse a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo animan aos establecementos comerciais e hostaleiros da vila a sumarse a esta iniciativa, sexan ou non socios da patronal.
Segundo confirman desde a organización a día de hoxe son 120 os locais que participarán nesta importante campaña, 109 son socios de Acisa e o resto non.
Desde Acisa subliñan que “este venres, 21 de xuño, ás sete da tarde remata o prazo de adhesión a esta iniciativa. O que non o faga en tempo e forma despois non poderá sumarse”, de aí que insistan en animar a participar: “cremos que pode ser un sorteo moi beneficioso para o conxunto dos establecementos da vila e moi atractivo tanto para veciños coma visitantes. Queremos que sexa unha desas campañas nas que non é o comerciante ou hostaleiro quen ten que ofrecer a rifa, se non que sexa o cliente o que a pida e que pida moitas”.
O custe de adhesión a este sorteo é de 25 euros, dos que os asociados pagan só 10 euros e os outros 15 son asumidos pola asociación, por seren membros da mesma. Os non socios de Acisa pagan 25 euros. O único que ten que facer calquera establecemento é mandar un mail a info@acisaribadeo.es ou mandar un Whatsapp o móbil 663 396 226 ou chamar o 982 120 565 ou pasar pola oficina de Acisa, sita na C/Viejo Pancho, 13 – baixo e comunicar o seu interese en participar.
O sorteo desta viaxe a Cuba para 2 persoas realizarase de xeito presencial o 14 de xullo á tarde noite ao remate dunha actuación musical, respondendo así ás múltiples peticións recibidas de estender a programación do Ribadeo Indiano na vila ata o domingo á noite.
As rifas estarán dispoñibles para entregar aos clientes entre o 4 e o 14 de xullo.
A parella afortunada coa viaxe estará en Cuba do 13 ao 20 de setembro, 3 días pasarán na Habana aloxados nun hotel de catro estrelas e 4 en Varadero nun hotel de 5 estrelas.
A viaxe mércase en Eroski Viaxes, de Ribadeo, “un establecemento da localidade, que ademais é socio de Acisa, algo importante porque estarán moi pendentes dos viaxeiros afortunados e de que esta experiencia resulta inesquecible para eles”.
Con esta campaña desde a organización pensan que “podemos encher a vila de xente; se na festa do comercio desbordamos sendo inverno, isto pode ser espectacular. Estamos convencidos que este sorteo vai ser un reclamo tanto para os clientes veciños da vila coma para os visitantes e por iso quixemos amplialo aos establecementos que non son socios. Oxalá teñamos que comprar unha urna especial para meter as rifas o día do sorteo”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



