Viveiro, 5 de xullo, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro presenta unha moción para o seu debate no próximo Pleno da Corporación local a través da que insta ao Concello de Viveiro a que garanta a limpeza e o acondicionamento axeitado da Praia de Covas, de tal modo que o areal poida ser utilizado en condicións de seguridade e salubridade para os seus usuarios.
En concreto, os populares trasladan esta iniciativa á sesión plenaria trala petición de numerosos veciños e veciñas, así como de visitantes que lamentan a situación e a imaxe actual que presenta o que é o areal máis grande que ten Viveiro, cuxas características xunto ao seu ecosistema de dunas “a converten nun emblema para a cidade”.
O Grupo Municipal do PP lamenta que a praia de Covas estea chea de vexetación que medra de xeito incontrolado e inutiliza o areal nunha gran parte. Ademais, segundo critican dende o PP, “a gran cantidade de lixo existente e de réptiles provocan que este espazo non poida ser utilizado polos veciños e veciños, nin polos visitantes”. Os populares tamén denuncian que os ríos Cantarrana e de Loiba, que desembocan ao ancho do areal, “están en estado de abandono, carecen de limpeza e dan imaxe de pouca salubridade”.
Restablecer a imaxe nunha praia de referencia na cornixa Cantábrica
O Partido Popular de Viveiro lembra que a Praia de Covas ata fai varios anos foi un dos espazos naturais de referencia de toda a cornixa Cantábrica e un gran reclamo para os numerosos visitantes que sobre todo en época estival se acercan á comarca. “Estamos a falar de que este areal ten unha repercusión moi importante no ámbito socio-económico do Concello”, precisan.
Punto de acordo
A Lei establece que é competencia municipal manter as praias e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade, por iso o PP de Viveiro insta ao Equipo de Goberno socialista a que recupere este paraíso natural.
Dun xeito máis preciso, pídenlle ao Concello que asuma ou faga as dilixencias necesarias para acadar unha total adecuación deste paraíso natural, incluíndose labores de limpeza, desinfección, recollida selectiva de residuos a pé de praia, eliminación das herbas que invaden o areal conservando as dunas no seu estado natural así como mantemento de lavapés, fontes e duchas. Tamén o volteo e despedregado da area.
Ademais, os populares piden que se coloquen contedores a pé de praia para a recollida selectiva dos residuos e que tamén se realicen os traballos necesarios ou que se inste a quen proceda para acadar o adecentamento ou canalizado da desembocadura dos ríos de Loiba e Cantarrana.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



