Burela, 24 de xullo de 2019.- Os populares de Burela poñen en valor “o avance nas obras para o acondicionamento e mellora do colexio Virxe do Carme de Burela que este mesmo martes visitaba a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo”. A responsable autonómica estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; a xefa territorial de Educación, Mariña Gueimunde, e os concelleiros electos do PP Manuel Rouco, Yovana Oroza e Javier Pardeiro.
A obra, que conta cun orzamento superior aos 950.000 euros, está previsto que estea rematada para o comezo do curso escolar, é dicir, “nun período de execución récord de tres meses, causándolle así o mínimo trastorno ao alumnado e ao profesorado do centro educativo”, indican.
Manifestan así mesmo dende o PP local que “unha vez máis o Goberno da Xunta que preside Feijóo cumpre con Burela levando a cabo os compromisos adquiridos coa súa veciñanza en tempo e forma”, tal e como di Rouco. “Outros gobernos, ven de índole local, provincial ou estatal, non poden dicir o mesmo” e para mostra o estado de abandono que xa levan tempo a sufrir os paseos marítimos de Burela, especialmente o da zona do Cantiño, cuxo mantemento é de índole municipal e cuxa titularidade é de carácter estatal; ou o caso do lamentable estado das beirarrúas que van ata o cemiterio municipal dende a ponte por riba do cuartel, dependentes da Deputación”.
“Sorprende ver que, así como as devanditas obras avanzan a moi bo ritmo, sendo o cambio estético no centro educativo moi notable, o perímetro do propio centro segue nun estado de abandono total, tal e como puido apreciar a propia Conselleira. Todo elo a pesares das denuncias feitas polo grupo do PP de Burela no seu día perante o rexedor municipal en funcións, o Sr. Llano, que debe de estar esperando a que o estado selvático no que se atopa o resto do municipio burelao se instaure tamén no centro educativo”, lamenta.
Como se pode apreciar hai formacións políticas que dende os órganos de goberno que os cidadáns lles outorgaron si son capaces de traballar eficazmente por e para estes, mentres outras pasan os días “a velas vir” ata o mes anterior á campaña electoral no que si se acordan de tentar facer o que non deron feito en catro anos.
Feira do Bonito
Os populares tamén lamentan que “a Xunta non fose convidada á presentación oficial da Feira do Bonito que tivo lugar este martes en Burela”. Sen dúbida, trátase “dunha clara falta de respecto institucional”; tendo en conta que “a administración autonómica apoia economicamente a celebración desta festa, cunha achega de 7.500 euros que se abona desde a súa declaración como cita de interese turístico galego no ano 1999”.
Manuel Rouco non entende que “o Goberno do PSOE pasase por alto convidar á Xunta” cando “precisamente, o Goberno galego ten elaborado un informe que foi un paso decisivo e imprescindible para que a Feira do Bonito de Burela acadase a recente declaración como cita de interese turístico nacional”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



