Barreiros, 18 de xullo, 2019. O Partido Popular de Barreiros, que lidera Alfonso Fuente Parga, alerta de que os socorristas que prestan o seu servizo nos areais deste municipio, “están a piques de abandonar os seus postos de traballo debido á descoordinación que existe entre o coordinador do servizo e os responsables do Concello”. Tal é así, que estes profesionais, por mor do “ninguneo” do equipo de goberno, e segundo o escrito que se adxunta, non desbotan a posibilidade de recurrir á vía xudicial no caso de que a entidade local non subsane a situación.
Estes efectivos mantiveron esta mesma mañá outra xuntanza coa alcaldesa para trasladarlle novamente esta cuestión, que vén motivada pola modificación do acordo ao que chegaron co coordinador nas horas extras pactadas inicialmente, e que obrigou ao servizo a pechar un total de 6 das 13 praias coas que conta este concello, deixando a algún compañeiro sen apoio.
A maiores, tamén trasladaron á nacionalista que carecen dos medios necesarios despois de tres semanas de traballo, e tampouco teñen casetos donde realizar curas e refuxiarse, así como agua corriente.
Os profesionais afectados, segundo lle trasladaron ao PP, non se senten “apoiados nin polo coordinador do servizo, nin pola alcaldesa, e vense ante unha situación de total indefensión e que repercute nos bañistas”, polo que están barallando a posibilidade de renunciar ao contrato e presentar o recurso indicado anteriormente.
O PP, cos socorristas
O popular faise eco así das demandas destes “excelentes profesionais” e pídelle ao goberno local “que exerza a súa responsabilidade, pois ser alcalde non só é sentarse, senón que é gobernar e xestionar”. Fuente Parga traslada publicamente o apoio persoal e do grupo que dirixe a estes efectivos e manifesta que “isto nunca pasou en Barreiros”. “O Concello sempre fixo unha xestión correcta deste servizo que é tan necesario nesta época”, remarca.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



