Cervo, 18 de xullo de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a Rúa Concepción Arenal, no centro urbano de San Cibrao, para supervisar os traballos de renovación integral que se están a acometer estes días, e puideron constatar que avanzan a bo ritmo.
Tal e como explicou Villares, con esta actuación integral, que supón un investimento de algo máis de 240.000 euros procedentes de fondos municipais, “conseguimos unha accesibilidade real e a humanización de toda a contorna, creando espazos públicos moito máis confortables para os viandantes”.
Á hora de acometer a obra pensouse, especialmente, naquelas persoas que teñen dificultades de movemento “por iso se nivelou a beirarrúa coa estrada favorecendo así a súa autonomía”, especificou o rexedor.
Villares precisou que estes días estase a proceder á instalación e reestruturación de diferente mobiliario urbano -bancos de estrutura e material resistente, xardineiras e papeleiras- “elementos que están sendo ordenados co obxectivo de eliminar todo tipo de barreiras arquitectónicas, conseguindo unha accesibilidade total e garantindo en todo momento a seguridade dos peóns ante o tráfico rodado; sendo ao tempo estas bancadas elementos funcionais que lle poden dar un servizo á veciñanza como áreas de repouso”.
Pola súa banda Méndez concretou que se construíron beirarrúas amplas e accesibles para favorecer a intercomunicación entre o comercio, as vivendas e os peóns que transiten pola zona. Os traballos que se están acometendo contemplan a renovación do pavimento de toda a rúa e a renovación dos servizos básicos como a rede de saneamento, independizando a recollida de augas fecais e pluviais –servizo, este último, que ata o de agora non existía nesta zona-. Ademais, tamén se está a renovar o alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



