Lugo, 22 de agosto de 2019. O Deputado de Deportes, Efrén Castro Caloto, participou este xoves na presentación da II Copa Deputación de fútbol sala e da XXXVII Copa Deputación de fútbol, eventos deportivos nos que participarán 112 equipos da provincia. Durante o acto, que se celebrou no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Deputado estivo acompañado polo presidente e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal e Carlos Méndez Moreira, respectivamente. Como en edicións anteriores, o organismo provincial resposta ás peticións dos clubs, asumindo os custos de arbitraxes e desprazamentos.
Castro Caloto explicou que a Copa Deputación “é unha gran oportunidade para o desenvolvemento do tecido deportivo da provincia, na que os equipos pequenos adquiren moita visibilidade”.
XXXVII Copa Deputación de Fútbol
Na Copa Deputación de fútbol serán 78 os equipos masculinos das categorías 3ª, 2ª, 1ª e Preferente os que competirán, así como 6 equipos femininos. Este ano, como novidade, a Copa Deputación de Fútbol celebrarase desde setembro, e durará a maior parte da tempada, intercalando os partidos en xornadas de descanso dos equipos e días festivos. Trátase dunha petición dos clubs que equipara a temporada ás categorías profesionais, rematando a mediados de maio.
II Copa Deputación de Fútbol sala
A competición de Futsal terá lugar a principio de tempada. A xornada inaugural será o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro, mentres que a final xogarase o 1 de novembro.
O Deputado de Deportes destacou que se repite “o éxito da primeira edición da Copa Deputación de fútbol sala, pois este ano participarán 28 equipos, 18 na categoría masculina e 10 na feminina, demostrando así a gran aceptación que ten a iniciativa”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
