Foz, 3 de agosto, 2019. O PP na sua sobreactuación presenta mocións nas que conta medias verdades ou mesmo se contradí, amosando unha inconsistencia e unha indolencia notoria.
A historia está para contala. En Nov de 2014 a maioría do pleno aproba afearlle ao PP o feito co decretazo do IBI e para tratar de rebaixar o impacto da suba que o PP aplicou na sua máxima expresión, apróbase unha rebaixa ao 0,56%. O PP non deu ningún paso técnico (informe de intervención) para cumplir este acordo plenario, e decir nada: nova moción aprobada ao caldeiro, a especialidade do PP. Despois non atendeu aos mùltiples acordos do pleno para que se facilitase o acceso aos veciños afectados cara os técnicos de catastro e que informasen debidamente do que se lles viña enriba. Mudou a corporación municipal. Novamente por acordo plenario o 03 de novembro de 2015 proponse unha reducción ao 0,40% como tipo de gravamen na ordenanza reguladora da taxa do IBI. O PP convoca un pleno extraordinario o 25 de nov no que aporta un informe encargado a intervención pero o encargo feito ao técnico municipal foi baixar o gravameao 0,52%, incumprindo o acodado no pleno anterior cando se acordára o 0,40%. Estamos falando do 25 de novembro non xullo nin agosto como pide agora incongruentemente.
O BNG daquela e agora, insiste unha e outra vez en que a fiscalidade en esencia debe tender a redistribución dos efectos da renda, algo que non se soluciona cunha rebaixa ou outra, por que non se inclúen bonificacións para familias en situación de risco pobreza ou emerxencia social nin se avalía como plantexa o BNG a supresión doutros impostos. Tampouco se ten en conta o feito de que en determinados supostos deberíase cobrar mesmo mais, ate o 1% do límite máximo establecido, por exemplo a entidades de crédito e promotoras inmobiliarias, moitas que non pagan nin pagaron.
O PP nada fixo coas mocións do BNG en que instaba a bonificar as instalacións destinadas a actividades agrícolas gandeiras e forestais. E agora e quen de recollela na sua propria mocion na que a un tempo se autoinculpa de inaccción cando esixe aos outros. O que semella algo xa cómico, é que pretenda no segundo punto aplicar unha bonificación que xa está aprobada en pleno (setembro 2018) e que semella ou non se enterou ou mais ben como tantas veces fixo durante os pasados 4 anos, deixala no caixón.
Pero no pleno xa quedou clara a postura do PP. O Sr Jorge non lle importou recoñecer públicamente que traía a moción sen crer nela que está convencido como fixo na práctica en facer todo o contrario do que propón. Gran lección de política do PP. Trea unha moción únicamente para incordiar, para non se sabe que xogos de circo no que quere convertir os plenos.
As mocións son ferramentas para mellorar a vida dos veciños e non panfletos para arrebolar contra os outros grupos. O BNG quere e fará posible unha mellora xusta e ecuánime na redistribución da renda a traves do IBI, e non pode apoiar unha ocurrencia na que vostedes amosaron non crer e mesmo o practicaron. Por tanto esta moción non merece a nosa consideración por inadecuada, inconcreta falta de credibilidade de quen fixo xusto o contrario hai 40 días, oportunista e por mostrar ben as claras unha intención propagandística. Este grupo comprométese a tratar de mellorar a redistribución da renda a traves dun IBI xusto e equilibrado.
















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.