Foz, 22 de agosto de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten en marcha ou prevé iniciar de xeito inminente obras de acondicionamento e mellora en tres estradas da Mariña lucense nas que inviste 1,2 millóns de euros.
Neste momento están en execución as obras na estrada LU-151 no treito entre Fazouro e San Acisclo, termo municipal de Foz, e a piques de rematar –tan só resta o repintado da vía- ás melloras realizadas na travesía da Seara, e na estrada LU-160, no municipio de Alfoz.
Está previsto que a principios do vindeiro mes de setembro comecen as obras de reforzo do firme na LU-161 entre Landrove e Ferreira do Valadouro, que afectan a varios puntos dos termos municipais de Viveiro, Ourol e do Valadouro.
Así o explicou, a modo de balance, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a súa visita aos traballos que a administración autonómica ten en execución na estrada de Foz, onde estivo acompañado por membros da Corporación municipal e veciños da zona.
Balseiro dixo que, se as circunstancias climatolóxicas son favorables, a previsión que manexa a Xunta é rematar os traballos nestas tres vías ao longo da segunda quincena do mes de setembro e sinalou que o acondicionamento das estradas contribuirá a garantir vías máis cómodas e seguras para os automobilistas e para a veciñanza da zona.
Estrada LU-151 Fazouro-San Acisclo
No que respecta á obra en execución entre Fazouro e San Acisclo, os traballos concéntranse entre os puntos quilométricos 2 a 10 e consisten na regularización puntual dos treitos deteriorados da vía e na extensión dunha nova capa de rodaxe con mistura betuminosa.
Está previsto tamén actuar nas beiravías de seguridade e mellorar os sistemas de contención con barreiras metálicas. Os traballos poderían quedar listos a finais de mes.
Estrada LU-160 Mondoñedo- Valadouro
Polo que respecta a obra na LU-160, a groso das actuacións centrouse na travesía da Seara en Alfoz onde a Xunta acometeu unha nova capa de rodaxe continua en toda a súa extensión, previo selado de fisuras e fresado dos puntos que presentaban deterioro.
Neste caso á obra tan só lle resta o repintado das marcas viarias.
LU-161 Landrove-Ferreira do Valadouro
Finalmente, a principios do mes de setembro, darán comezo as obras na LU-161, na estrada Landrove-Ferreira do Valadouro. Neste caso as obras consisten no fresado e reposición da capa de rodaxe nas zonas deterioradas, actuando tamén sobre as beiravías, ao longo de dez quilómetros.
Nas tres estradas hai previstos traballos comúns como son a limpeza de marxes, reposición da sinalización horizontal e vertical.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



