A política e o mapa de partidos en Galicia é o que é, e podo dicir con coñecemento de causa que é moi complicado. Ven sendo un ecosistema propio que en nada se parece o do resto da meseta, nin sequera o do resto de nacións; Euskadi ou Catalunya. Os parámetros políticos galegos cambian con cada elección., aínda que pareza que todo segue igual
Vivimos nunha esfera política que xira en torno a partidos, que non de políticos, nin da xente.
Un PP de Galicia moi intricado na sociedade e que sabe moi ben o mensaxe de cada momento, por experiencia que non por traballo, mais non deixa de ser unha sucursal de Génova con algo de autonomía, un estilo a Puerto Rico e os EUA, que parece que é pero no memento da verdade vota o que manda Madrid.
Un PSOE de Galicia que depende da capacidade do líder de quenda de apertar os parafusos ós cadros do partido, un proxecto personalista e moi dependente neste momento de Ferraz, Quen aproba as lista ten o poder. Xa non quedan galeguista en esta formación, defenden que Galicia e Badaxoz teñan o mesmo peso no Estado, está nas hemerotecas tamaña fazaña de G. Caballero.
E despois un nacionalismo de consigna e doutrina, que non se parece en nada á sociedade galega, feito por ideólogos que miran o seu futuro en Venezuela e China, isto oferta o BNG, que máis aló de loitar pola Nación galega está centrado na súa estratexia política de vender unha recuperación de espazo. Recuperación que vai máis ben lenta. Un partido que non é capaz de pactar puntualmente coa parte dereita do taboleiro, aínda que beneficie a Galicia. Podo estar no certo, ou non, con este mapa político, cada quen que opine.
Pero en Galicia tamén corre un aire de cambio, unha brisa frouxa pero constante, de xente que xa non acredita no sistema anterior, un fenómeno do que se beneficiou a inicial Marea pero que todos sabemos que traizoou para ser un partido estatal máis. Existen partidos dignos con estrutura como CxG e outros e tamén persoas a titulo individual, existe unha nova En Marea de Villares que espero poña a Galicia antes que a Errejón, grupos sociais, veciños e veciñas… que teñen a obriga de facer unha UNIDADE DE ACCIÓN por recuperar o sentimento de Nación, para nas vindeiras eleccións galegas conseguir recuperar a autoestima e a credibilidade da política galega, e si pasa?
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



