Ribadeo, 16 de agosto de 2019. Mañá e o domingo, días 17 e 18 de agosto, preto de 30 establecementos asociados a ACISA Ribadeo sacarán á rúa os seus produtos nunha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Ribadeo.
Un ano máis ACISA programa esta actividade de dinamización comercial co obxectivo de facer mais accesibles os produtos aos clientes.
Dende a xerencia da asociación, Jesús Pérez, explicou hai uns días que “dende ACISA cremos que esta cita é moi interesante para os nosos asociados e tamén para os seus clientes. Con ela pretendemos facer un comercio mais preto de ti, facendo que na propia rúa poidas ver os produtos sen necesidade de entrar nas tendas”.
E engadía: “este ano ven con novidades, xa que adiantamos as datas de celebración para que coincidira coa fin de semana na que probablemente se congrega mais xente na nosa vila, así @s veciñ@s e visitantes poden aproveitar os últimos días de rebaixas e quizais algún avance de tempada”.
Pola súa banda, Juan Andina, vicepresidente de Acisa, indicou que “para os comercios é moi positivo realizar esta campaña nestas datas, así podemos competir en igualdade de condicións cos vendedores ambulantes e co Mercado Pirata na mellor época para nos, sen prexudicar a ninguén, por suposto; pero buscando a formula de traballar en igualdade de condicións”.
Jesús Pérez conta que “nesta edición son preto de trinta establecementos os que participan. Non todos poden estar polo tipo de produto que venden ou por falta de espazo na rúa, pero é unha campaña na que os que participan sempre nos fan chegar moi bos resultados. Este ano poderase encontrar roupa de home e de muller, calzado, xoguetes, roupa infantil, librarías, xoierías… por suposto todos produtos de máxima calidade e das mellores marcas”.
Os establecementos participantes nesta campaña, nos que ademais se poderán encontrar grandes ofertas son: Xoeiría Azabache, Nina, Platería Gutié, Opticalia, Bis a Bis, Bora Bora, Lencería Julia, Pequerrechos, Glass, Farfala, Mika, Marcelota, Anais, La Moda Hombre, R23, Adele, Sanjurjo, Esprit, Nana, La Floristería, La Coqueta, Hola Ola, Din & Don, Coco, Jatay, Saia e Mercería Vizcaya.
O Mercado de Rúa foi presentado por Juan Andina e Jesús Pérez.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



