Burela, 5 de agosto de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo da intensa fin de semana de actividades que tivo lugar do venres ao domingo en Burela, coa celebración da Feira do Bonito, de Produart e de Amarte. O rexedor dixo que Burela foi o epicentro da Mariña e subliña que as degustacións de bonito foron un éxito e que a maioría dos artesáns ou produtores ecolóxicos están interesados en repetir experiencia en Produart o vindeiro ano. O alcalde tamén destaca a calidade das obras de arte pintadas no muro do peirao.
Alfredo Llano contou que “esta fin de semana Burela foi o epicentro de toda A Mariña porque foron tres días moi intensos e estivemos moi ocupados atendendo á moitísima xente que se achegou ata o noso concello. Coincidiron tres eventos fundamentais como foron a Feira do Bonito, que despachou todo o túnido, non quedou absolutamente nada, foi espectacular ver a cantidade de xente que facía cola para facerse coas bandexas que se ofrecían o sábado e o domingo xa se esgotou tamén o marmitako rápidamente. Polo tanto con respecto á Feira do Bonito foi un éxito total, e veunos moi ben que estivera todo tan ben preparado e organizado para estrear o título de festa de interese turístico nacional. Eu penso que isto tamén trouxo xente para Burela e xa nos prepara para ver como imos organizando para o ano seguinte que isto se consolide, ofrecer o mellor de nosoutros e que isto sexa un atractivo social, turístico e económico para o noso concello”.
O rexedor relatou que “tamén tivemos Produart, no mesmo recinto feiral. Eu falei con todos os que estaban na exposición, tanto os artesáns como os produtores ecolóxicos, e todos quedaron moi contentos, case o cen por cen xa ten solicitado volver o ano que ven. Quedaron moi sorprendidos da cantidade de xente que pasou por Produart ao longo destes días”.
O alcalde de Burela subliñou que “hai que ver a calidade extraordinaria que houbo no Concurso Internacional de Pintura Mural Amarte. Penso que estamos pintando un muro, ano tras anos, que é un atractivo turístico e cultural enorme, ven moita xente única e exclusivamente para ver os murais que cada ano gañan en calidade”.
E engadiu: “tamén tivemos un campionato de veteranos de fútbol na Marosa que trouxo moita xente de fora. Ademais tivemos o campionato de 3×3 de baloncesto na praza da Mariña, que tamén trouxo moita xente. E tamén veu unha exposición de vehículos antigos á praza do Concello. Realmente podemos estar moi contentos e moi satisfeitos porque as cousas saíron ben, non houbo ningún incidente, atendemos a moita xente nos diferentes eventos e penso que isto vai traer consigo que moita desta xente veña ao noso concello para o ano que ven ou en distintas datas de maneira fluída, que é o que nos gusta”.




















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



