Viveiro, 29 de agosto, 2019. Os populares de Viveiro instan ao Goberno local, a través dunha moción para debater na vindeira sesión plenaria, a retomar coa Xunta de Galicia e a Deputación Provincial as xestións para levar a cabo os proxectos de rehabilitación do colexio vello de Celeiro e a cesión das instalacións dirixidas a albergar a Escola Oficial de Idiomas (EOI).
Deste xeito, o Grupo Municipal Popular amosa o seu apoio ao traslado da actividade da EOI para as instalacións do antigo colexio Pedrosa Latas que é propiedade do Instituto Social da Marina (I.S.M.), pero que “segundo a nosa información a titularidade e cesión non sería problema por parte das administracións afectadas para efectuar este traslado”. Isto permite “empregar a planta superior do edificio que comparten a Escola Oficial de Idiomas e a asociación Aspanane para construír a súa residencia nas mesmas instalacións onde agora se sitúa tamén o centro de día”. É máis, os populares consideran que “esta iniciativa é beneficiosa non só para os nosos veciños e veciñas, senón tamén para as dúas entidades que fan uso destas instalacións na actualidade”.
Xa no seu momento Aspanane, que ven realizando dende varios anos un traballo fabuloso coas persoas con necesidades especiais, contou co apoio da Corporación Municipal para levar adiante o seu “ansiado” proxecto de residencia. “Trátase dun servizo moi demandado porque non existen instalacións na comarca dirixidas ao coidado de persoas con capacidades diferentes que se ven obrigadas a empregar outros centros fóra da Mariña. Cónstanos que nos últimos anos o Goberno local traballou na procura de locais alternativos para a EOI; pero, a pesar de agradecer o esforzo, lamentamos que non lograran unha solución”, engaden.
Os edís do PP local recordan que “o pasado 2 de marzo de 2019, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro presentaban o proxecto de rehabilitación do antigo colexio Pedrosa Latas de Celeiro co obxectivo de acoller as instalacións da Escola Oficial de Idiomas (E.O.I)”. As melloras contempladas –illamento térmico e acústico, impermeabilización, división de espazos, acabados e instalacións, así coma adaptacións necesarias que as poidan empregar as persoas con mobilidade reducida- requiren un investimento duns 500.000 euros que financiarían a partes iguais o Concello, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, tal e como se teñen comprometido”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



