A Mariña, 24 de agosto, 2019. O Partido Popular pregúntalle aos socialistas: “A quen defenden: ao Partido ou á Mariña?”. Así manifestaron durante o xantar de fraternidade que distintos cargos orgánicos mantiveron este sábado en Burela e logo de que os integrantes da formación vermella permanezan “agochados” respecto da “grave crise” que atravesa Alcoa San Cibrao.
Diante numerosos afiliados e simpatizantes, os populares, e máis concretamente a presidenta provincial -Elena Candia-, o secretario xeral do PPdeG -Miguel Tellado-, o delegado da Xunta de Galicia na provincia -José Manuel Balseiro-, o deputado provincial -Javier Castiñeira-, e o voceiro desta formación en dito municipio -Manuel Rouco, quixeron manifestar publicamente o seu apoio “rotundo” á que é a principal empresa da comarca e case da provincia, así como aos traballadores que, en definitiva, tamén se poden ver afectados e incluso ser despedidos ao existir unha notable redución da produción co anunciado peche das 32 cubas.
Deste xeito, amósanse “profundamente preocupados” polas consecuencias que pode traer aparelladas a situación que atravesa a factoría e que xa foi recoñecida polo presidente do comité de empresa, quen recentemente falaba que a pranta da Mariña ía camiño do “abismo”.
Unha vez máis, os populares ratificaron o seu compromiso co sector industrial e os postos de traballo da Mariña lucense e subliñaron que “a venta da planta é un peche en falso do problema, polo que pediron un compromiso e unha implicación do Goberno socialista coa industria electrointensiva”.
Os socialistas non lideran
Por todo elo, lamentan que os socialistas “non liderasen este problema”, demostrando así que “máis que os seus veciños, o que lle importa o que digan os seus dirixentes en Madrid”. “Aínda que só fose como lucenses, deberían de coller o toro polos cornos e plantarse en Madrid e esixirlle a Sánchez que, en vez de irse a Doñana de vacacións, buscase unha solución para esta empresa que da traballo a 1.200 persoas de xeito directo, e a outras 700 indirectamente”, afirmaron.
E é que, segundo apuntaron, “está en risco a viabilidade da empresa, os postos de traballo e tamén o futuro desta comarca, xa que se A Mariña lle quitamos Alcoa, que nos queda? Todos sabemos que outras actividades económicas como o turismo ou a pesca non serían suficientes para soportar a economía local. A xente que vive de Alcoa, sexa de onde sexa, merca na Mariña, fai vida social na Mariña…. Por iso, parece mentira que en vez de saír con pancartas, como si fixeron noutras ocasións en contra da Xunta por exemplo, desta volta, como lle afecta ao seu Partido, non diga nin palabra”.
A Xunta, a administración que máis inviste en Burela
Os populares adiantan que “pelexarán e seguirán pedindo unha solución” porque o PP “sempre estivo con Alcoa -o Goberno de Rajoy así o fixo-, sempre estivo e está co emprego, e sempre estivo e está coa Mariña”. Proba delo, é que o Goberno de Feijóo “inviste máis en Burela que o resto de administracións xuntas, incluido o propio Concello”. Como exemplos, citaron a ampliación do hospital e a remodelación do antigo, o acceso ao porto, a dotación de gardeirías, a reforma do colexio Virxe do Carmen, a execución próxima do martelo do porto e da estación de autobuses, o financiamento do servizo de Axuda no Fogar ou as obras que se acometeron dentro do Plan Cooperación, entre outras actuacións.
Fronte a esta “vontade colaboradora decidida e perfectamente constatable”, está, indican, “a ineficacia do alcalde, que leva falando tres anos do pavillón Vista Alegra e, a día de hoxe, non ten nada feito”.
O Goberno de Sánchez, “moroso”
O xantar de confraternidade do PP de Burela coincide co reinicio da actividade política, na que os populares están centrados nas próximas eleccións autonómicas e que afrontan coa intención de revalidar a confianza maioritaria dos galegos. Un xantar, ademais, no que se puxo en valor o modelo de goberno de Feijóo, baseado na estabilidade política, no crecemento, na creación de emprego e na consolidación dos servizos públicos. Un modelo, pois, que xera confianza e que redunda no progreso da Comunidade e na mellora da calidade de vida dos galegos.
Pola contra, os gobernos socialistas e da esquerda radical son claros exemplos de desgoberno e de inestabilidade e que agravian continuamente a Galicia –nos orzamentos xerais do estado, en sectores produtivos como o das electrointensivas ou as centrais térmicas ou o sector naval-.
Miguel Tellado cualificou de “moroso” o Goberno de Pedro Sánchez, ao negarse a transferir a Galicia os 700 millóns de euros que lle corresponden e que son de todos os galegos.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



