Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2019-. Os menores de 35 anos interesados en comprar unha vivenda poderán beneficiarse este ano das axudas da Xunta en 63 concellos de Lugo, a práctica totalidade dos municipios da provincia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), convocou dúas liñas de subvención específicas para mozos: unha para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes e a outra, para a compra en cascos históricos.
O prazo para presentar as solicitudes a ambos programas estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro e conxuntamente, dispoñen dunha dotación global de 1,6 millóns de euros para a convocatoria deste ano.
En total, 55 dos 67 concellos da provincia de Lugo teñen menos de 5.000 habitantes, polo que en todos eles os menores de 35 anos interesados en adquirir unha vivenda en propiedade poderán beneficiarse da primeira destas dúas liñas de subvención.
Ademais, en 13 concellos pódese solicitar a axuda para adquisición de vivenda en centros históricos ao estar incluídos na lista correspondente. Cinco deles (Lourenzá, Meira, Pedrafita do Cebreiro, Mondoñedo e Quiroga) teñen menos de 5.000 habitantes, polo que nestes casos estarán dispoñibles as dúas liñas de axudas. Os outros oito concellos de Lugo nos que se pode solicitar unha subvención para comprar vivendas nos centros históricos son Castro de Rei, Chantada, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
Adquisición en centros históricos
A axuda destinada a fomentar a adquisición de vivendas en centros históricos por parte do colectivo de menores de 35 anos está dotada para este ano cun orzamento global de 800.000 euros.
As vivendas para as que se solicite a axuda deberán cumprir coas seguintes condicións:
Estar emprazada nun centro histórico dos enumerados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convocou esta liña de subvencións.
Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto nova como usada.
O prezo de adquisición non superará ao dunha vivenda protexida de 120 metros cadrados, de réxime concertado, no mesmo concello. Se a vivenda dispón de garaxe e/ou rocho, o prezo máximo incrementarase nun 8% e nun 2% respectivamente. Isto supón que o prezo máximo dunha vivenda con garaxe e rocho na cidade de Lugo será de 234.131 euros e no resto de concellos da provincia de 180.100 euros.
O IGVS subvencionará con ata 12.800 euros a adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos nos centros históricos das sete grandes cidades e con ata 10.800 se a vivenda se empraza na zona monumental de calquera outro concello galego. O importe da axuda non poderá superar, en todo caso, o 20% do prezo de adquisición.
Adquisición en concellos de menos de 5.000 habitantes
En canto á liña de axudas destinada a fomentar a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de menores de 35 anos tamén está dotada para este ano cun orzamento global de 800.000 euros.
As condicións que deben cumprir as vivendas neste caso son:
Estar emprazada nun concello de menos de 5.000 habitantes.
Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto nova como usada.
O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 100.000 euros.
Neste caso, o importe máximo das axudas será de 10.800 euros, sen que poidan superar o 20% do custo da vivenda.
Condicións para ser beneficiario
Para poder acceder a calquera destas dúas convocatorias, os interesados deberán ter menos de 35 anos de idade na data de presentación da solicitude, acreditar a súa nacionalidade española ou que ten residencia legal no país, subscribir un contrato privado ou unha escritura pública de compra con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano, e dispoñer duns ingresos anuais, por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia, iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).
Excepcionalmente, os ingresos poderán chegar a catro ou cinco veces o Iprem no caso de familias numerosas e persoas con discapacidade.
Todos os beneficiarios destas dúas liñas de axudas para adquisición de vivenda deberán destinar o inmoble en cuestión á súa residencia habitual e permanente durante un mínimo de cinco anos desde a formalización da operación de compra.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



