
anf e francisco conde reunense con representantes do comite de empresa de Alcoa
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019. A Xunta solicitará ao Goberno central reactivar a mesa de traballo sobre a industria electrointensiva e incorporar nela ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao co obxectivo de traballar nunha solución ao prezo eléctrico que permita garantir o emprego e a actividade industrial. Así se acordou tras a xuntanza que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta tarde cos membros do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.
Na xuntanza, escoitaron as demandas dos traballadores, aos que se lles trasladou que a Xunta seguirá traballando para ser parte da solución xa que comparte a súa preocupación pola situación actual, na que a empresa está a recortar nun 11% a produción debido, en gran parte, aos elevados custos da electricidade en España.
Neste sentido, o Goberno galego insiste en que o Executivo central ten que asumir a súa responsabilidade e cumprir coa súa palabra para que o país conte cun marco regulatorio estable que permita a Alcoa San Cibrao e ao conxunto das empresas electrointensivas competir en igualdade de condicións que o resto de países europeos.
Así, é necesario que o Goberno cumpra coas súas promesas e, por unha parte, aprobe o estatuto do consumidor electrointensivo, incorporando as alegacións que Galicia presentou en consenso coa industria; e, por outra, que amplíe de 90 a 200M€ a compensación dos gastos indirectos de CO2. A solución están nas mans do Executivo de Pedro Sánchez e de que reaccione e actúe depende non só o futuro de Alcoa San Cibrao, senón tamén, de Parter A Coruña -que polo de agora conta cunha solución provisional de dous anos- e o conxunto da industria electrointensiva, da que dependen 5.000 familias só en Galicia.



















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



