Alfoz, 24 de setembro, 2019. O Vinderio mércores 2 de outubro na Escola do Pereiro ás 20.00h comenzarán unha serie de reunións coa veciñanza de Alfoz para informar sobre diferentes accións para loitar contra o despoboamento do rural. Durante todo o mes de outubro organizaranse o mesmo tipo de reunións en todas as parroquias.
Entre elas o Plan Vivendas Baleiras, dentro do cal se atopa o concello de Alfoz, consiste en crear unha bolsa de vivendas públicas e privadas para ofrecer en arrendamento, a través dun convenio do IGVS e a Fegamp. Pensado para facilitar o acceso á vivenda en condicións favorables a colectivos con rendas máis reducidas.
Entre as vantaxes para os arrendatarios está contar cun seguro multirriscos para o fogar e un seguro de garantía da reclamación do cobro da renda, asumido directamente polo IGVS e a Fegamp durante o tempo de vixencia do contrato. Así como poder optar a determinadas axudas para mellora da vivienda.
O Concello de Alfoz vai a rehabilitar diferentes escolas municipais para incluilas tamén na bolsa de vivendas baleiras. A primeira será a Escola da Pinguela (Lagoa) onde se recuperará a planta superior para habilitala como vivenda, quedando a planta inferior como ata o de agora como local social. As escolas de Reirado, As Oiras, O Pereiro, etc. serán acondicionadas igualmente, mantendo os espazos de local social para as actividades das respectivas asociacións veciñais e usando outras zonas independentes como vivenda.
Os interesados en poñer as súa vivendas en réxime de aluguer terán que anotarse no Concello no rexistro correspondente.
As persoas interesadas en alugar unha vivenda tamén se inscribirán no Concello e en función dunha serie de criterios (xóvenes, familias numerosas, familias monoparentais, con maiores de 65 anos, dependentes, etc.) terán maior preferencia de acceso á estas vivendas que contan cunha renda reducida de como máximo 250€/mes.
Outra liña de acción é a creación dun “Taboleiro de Anuncios” na web municipal onde se poderá poñer información das vivendas que os seus propietarios desexen vender, poñendo a foto da vivenda, a súa localización e o teléfono de contacto. O Concello só pon un espazo dentro da web a disposición dos veciños e veciñas para poñer o seu anuncio de venda, non intervindo de ningunha maneira nas mesmas.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



