A Mariña, 19 de setembro, 2019. Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que o pasado 28 de marzo apoiaron en Madrid a concentración do persoal de Alcoa diante do Congreso dos Deputados. Traballadores, sindicalistas e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.
Entre os denunciados están o secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, o presidente do comité de empresa de Alcoa-A Coruña, Juan Carlos López Corbacho, así como outros dous traballadores afiliados a CCOO. Canto a cargos públicos, están denunciados os deputados e deputadas de Unidas Podemos Rafa Mayoral, Antón Gómez Reino, Ángela Rodríguez e Yolanda Díaz.
Comisións Obreiras (CCOO) anuncia concentracións para os próximos días, cadrando coas comparecencias xudiciais. Serán o 24 de setembro, ás 11:00, diante dos Xulgados da Coruña, e o 8 de outubro, tamén ás 11:00, diante dos Xulgados de Ferrol.
CCOO lamenta esta «persecución» e nega o delito que se lles atribúe ás persoas denunciadas, xa que as numerosas imaxes demostran que non opuxeron resistencia ningunha, nin a identificarse nin cando comezaron as «desproporcionadas» cargas policiais.
Por último, CCOO lembra que «defender a clase traballadora non é delito» e esixe que o Goberno que saia das urnas o vindeiro 10 de novembro se comprometa a derrogar a lei mordaza, que desde a súa creación só está a servir para castigar e criminalizar toda forma de protesta social.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



