Viveiro, 1 de setembro, 2019. De xeito tradicional en distintos lugares do concello, as veciñas e veciños reúnense en puntos próximos ás súas vivendas para pasar a tarde e/ou a noitiña ao aire libre, socializar e facerse compañia, sobre todo as persoas de idade máis avanzada que viven soas. Os beneficios destas reunións son moitos tanto a nivel físico e cognitivo como a nivel emocional, motivo polo cal é o noso deber proporcionar lugares idóneos para que estas formas de socializar se manteñan, xa que aparte dos beneficios que proporcionan ás persoas o feito de que se reúnan, tamén da vida aos distintos lugares do concello. Un destes puntos de reunión son os bancos sitos ao carón do colexio de Celeiro, no barrio do Chao, onde a veciñanza que alí se reúne colocan parasois con pés de terraza de bar para protexerse do sol, contribuíndo ao feísmo do lugar ante a carencia doutra alternativa.
Para o pleno de setembro proporemos que nestos bancos sitos ao carón do colexio de Celeiro, coloquen dúas marquesiñas ou alternativas similares que den solución ás necesidades da veciñanza deste barrio, que tamén servirían de amparo ante a choiva para as nais e pais que levan ás crianzas ao colexio, que até hai pouco, resgardábanse no soportal dunha casa privada que agora xa non lles serve de abrigo ao cambiar de propietarios.
Do mesmo xeito, proporemos que se coloque unha marquesiña na parada de bus sita ao carón da gasolineira de Celeiro, para dar resgardo ás usuarias e usuarios que collen o autobús como medio de transporte, tales como os estudantes dos institutos, e que se identifiquen outros puntos do concello que se atopen nas mesmas circunstancias para darlles unha solución.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



