Viveiro, 13 de setembro de 2019. O Concello de Viveiro atópase profundamente satisfeito despois de que, no día de onte, o Consello da Xunta de Galicia autorizase a licitación das obras de mellora das liñas de tratamento da depuradora de augas residuais de Viveiro. A execución das obras é unha demanda que dende o concello se veu reivindicando ao longos dos anos, conscientes de que se trata de un dos temas máis importantes para este concello; agardamos que a segunda fase desta actuación, que agora mesmo se atopa á espera do informe de Patrimonio, se tramite coa máxima celeridade co fin de que o saneamento da ría de Viveiro poida ser unha realidade á maior brevidade posible.
Quero aproveitar a ocasión, así mesmo, para agradecer á Plataforma Pro-Celeiro polo seu traballo, por convocar diversas concentracións e manifestacións e por sumarse a esta demanda co fin de solucionar a situación na que se atopa a ría de Viveiro. Creo que é importante que a xente saia á rúa e creo que, neste caso en concreto, a mobilización veciñal puido servir para axilizar os trámites dun expediente no que, por parte do concello, sempre se traballou coa máxima celeridade. Agardo tamén que a constitución desta plataforma poida servir para axilizar os trámites que permitirán a execución da segunda fase desta actuación e, por suposto, manifestar publicamente a disponibilidade do concello para tramitar á maior brevidade posible cantos requirimentos se reciban neste sentido.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



