Cervo, 6 de setembro de 2019 O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da tenente de alcalde, Dolores García Carames, e do edil de Protección Civil, Alfredo Fernández, achegouse ata a zona de Galdín para supervisar as obras da nova vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga “na que se están a ultimar detalles para poder abrila, de xeito inminente, ao tráfico rodado e peonil”.
Villares explicou que nestes intres a obra está practicamente rematada, a falta do pintado, dos acabados e da construción das dúas glorietas proxectadas -unha fronte ao centro de saúde e outra na zona de Galdín- que servirán de enlace coas vías que son titularidade da Deputación, e que tamén contribuirán a reducir a velocidade nestes tramos, reforzando así a súa seguridade; “polo que a estimación é que a nova vía poida estar plenamente operativa en tres ou catro semanas”.
O rexedor precisou que se trata dunha infraestrutura fundamental para San Cibrao “que nos permitirá aliviar o tráfico do centro da vila ao tempo que tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.
A nova rúa ten unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación, ademais tamén disporá dunha zona importante de aparcadoiros; e de beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada.
O alcalde quixo “agradecer unha vez máis á Xunta de Galicia este importante investimento que supera os 600.000 euros e que nos permitiu executar unha arteria de comunicación moi funcional, que dará moito servizo aos vehículos que circulen por San Cibrao”, esgrimiu.






















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.



