Ribadeo, 2 de setembro de 2019. O Concello ven de sacar a licitación o contrato de servizos para a xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, do cartón porta a porta e do cartón dos contedores azuis. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de outubro. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, agarda que todo o proceso estea rematado para finais do presente ano.
O edil anunciou que “ven de saír na plataforma de contratos do Estado, un contrato de servizos que estamos a sacar que é o referido á xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, a recollida porta a porta do cartón e do cartón dos contedores azuis”.
Jorge Díaz Freije explicou que “ten un valor estimado de 331.939 euros e unha duración de catro anos, con posibilidade dunha prórroga dun ano. Calquera empresa que estea interesa ten un prazo de 35 días, ata o 3 de outubro, mediante a licitación electrónica para presentar toda a documentación na plataforma de contratos do Estado”.
O concelleiro ribadense declarou que “despois de moitos meses de traballo sobre este contrato ao final sae agora. Esperemos que vaia todo ben e, nestes prazos, a finais de ano contamos que estea todo outra vez funcionando con normalidade e cunha lóxica de xestión positiva para Ribadeo. Quero animar ás empresas a que se presenten e aporten a documentación de xeito electrónico”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



