Burela, a 3 de setembro de 2019.- Os concelleiros electos do PP burelés denunciaron hoxe que “o alcalde en funcións está actuando con absoluta ausencia de transparencia ao non facilitar os decretos e resolucións de alcaldía desde o pleno ordinario celebrado en marzo. Ao noso xuízo, e segundo a Ley Orgánica Reguladora del Régimen Electoral General (LOREG), tiña que ter convocado o pleno ordinario de xullo, para dar conta precisamente deses decretos e resolucións e permitirlle aos grupos da oposición a formulación de rogos e preguntas para poder fiscalizar a labor do goberno municipal”.
Os populares indican que “a propia LOREG é moi clara cando indica que os gobernos e administracións en funcións só atenderán as cuestións referidas á administración ordinaria. Nada máis propio da administración ordinaria que os plenos ordinarios e nada máis transparente que dar conta da xestión e dos decretos de alcaldía e permitir á oposición cumprir co seu deber e dereito de fiscalización e control da actividade do goberno local”, cren. Nese sentido, “da a sensación de que ao Sr. Llano non lle gusta ter que render contas pola súa nefasta xestión”, manifestan.
Desde o PP afirman que “á vista da situación, vimos de solicitar por escrito, a través do actual Grupo Municipal, copia dos decretos e resolucións do alcalde desde o pleno ordinario de marzo, así como outra documentación relativa, por exemplo, á anunciada cesión do camión de bombeiros ao parque de Barreiros, feita polo Sr. Fernández Rey coa conivencia do Sr. Llano”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



