Lugo, 17 de setembro, 2019. O grupo provincial do PP traslada de novo á Deputación o debate sobre o futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao, unha industria estratéxica para a provincia de Lugo, e, por extensión, para Galicia. Aínda baixo o asombro que no PPdeG produce a capacidade para a desidia e a inmobilidade demostrada polo Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez en este asunto, de gran relevancia para Lugo, os populares buscan mobilizar ás institucións en defensa da factoría de Alcoa en San Cibrao e de todo o que representa social e economicamente para unha provincia tan necesitada de industria como é a de Lugo. O deputado Javier Castiñeira confirmou a presentación no rexistro provincial dunha moción para, entre outros obxectivos, instar ao Goberno central «a realizar todas as accións encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao (Cervo)».
Castiñeira destaca que o PP xa deixou claro, no ámbito da Deputación, a súa preocupación polo futuro de Alcoa en ocasións anteriores, concretamente en maio de 2016, outubro de 2018 e marzo do ano en curso. Se antes a situación da factoría era preocupante, agora, moito máis. Por iso, sinala, Castiñeira, o Partido Popular expresou con claridade o seu apoio a esta industria e aos seus traballadores. Un apoio que vai desde o militante de base ao presidente da Xunta de Galicia. Nesa liña, o grupo provincial do PP busca agora un acordo do pleno da corporación provincial para instar ao Goberno central a facer o que ten que facer sen máis demora en defensa desta factoría, tal como lle demanda a sociedade lucense, en concreto, e a galega en xeral.
Na moción xa rexistrada polo PP na Deputación pídese o acordo para instar ao Goberno a garantir un marco estable e competitivo e a aprobar o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas. Igualmente, aprémase ao Goberno central a convocar a mesa de traballo sobre a industria electrointensiva, incorporando a ela ao comité de empresa de Alcoa de San Cibrao. A este respecto, Javier Castiñeira deixa claro que o Goberno de Sánchez ten que cumprir canto antes os compromisos adquiridos pola ministra na reunión cos representantes dos traballadores.
Igualmente, na proposta popular inclúese instar ao Goberno central a cumprir o compromiso de ampliar de 90 a 200M€ a compensación dos gastos indirectos de CO2, como medida de apoio ás empresas que teñen unha alta dependencia dos custes enerxéticos.
Javier Castiñeira recorda que Alcoa de San Cibrao constitúe o principal motor económico e laboral da Mariña lucense e un dos máis importante das provincia. É a principal fonte de emprego directo para 1.100 familias; a maiores, hai que engadir o emprego indirecto. Por iso, Castiñeira considera imposible de entender a desidia demostrada polo Goberno presidido por Pedro Sánchez. É incomprensible, na súa opinión, a falta de reacción demostrada con respecto á factoría de San Cibrao despois da venda das de A Coruña: «É unha inexplicable demostración de falta de sensibilidade con respecto o valor desta industria e da súa relevancia para Lugo». O mesmo deputado provincial resalta que a familia popular saíu decididamente en apoio do futuro da factoría e dos seus traballadores, que contan con respaldo do presidente da Xunta. Pero, di Castiñeira, «as decisións claves dependen do Goberno central e ten que tomalas canto antes». Por elo, explica o deputado, o grupo provincial do PP presenta esta moción que é un paso máis no camiño seguido polos populares neste asunto, incluídas as xestións realizadas por gobernos populares, sinaladamente o de Mariano Rajoy.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



