Mondoñedo, 27 de setembro de 2019. Rematada a fase de deliberación e propostas, os membros do xurado do Premio Mondoñedo10 2019, Modalidade ENSAIO, acordan propoñer como obras finalistas as seguintes:
Modalidade Ensaio
01.-Ramón Nicolás: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, Edicións Xerais de Galicia, 2012. ISBN: 978-84-9914-402-3.
02.-Xosé M. González Reboredo:Os santos titulares de parroquia en Galiza, Sotelo Blanco Edicións, 2012. ISBN: 978-84-7824-626-7.
03.-Xaime Subiela: Para que nos serve Galiza? Galaxia, 2012. ISBN: 978-84-9865-502-5.
04.-Xurxo Ayán / Manuel Gago: Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI, editada por 2.0 Editora, 2012. ISBN: 978-84-938683-9-0.
05.-Francisco Rodríguez Sánchez: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), edita Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 2013. ISBN: 978-84-938747-0-4.
06.-Antón Cortizas: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, Edicións Xerais de Galicia, 2013. ISBN: 978-84-9914-486-3.
07.-Helena Miguélez-Carballeira: Galiza, um povo sentimental? Através Editora, 2015. ISBN: 978-84-87305-86-3.
08.-Ramón Villares: Historia de Galicia, Galaxia, 2016. ISBN: 978-84-9865-672-5.
09.-Roberto Fernández Álvarez: Enfermos pobres, médicos tristes: Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas, Ed. Dr. Alveiros, un selo de Urco editora, 2017. ISBN: 978-84-942726-6-0.
10.-Ramón Villares: Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017. ISBN: 978-84-9151-082-6.
11.-María Xesús Lama: Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), Galaxia, 2017. ISBN: 978-84-9151-040-6.
12.-Anahí Almasía, Mariela Sánchez e Antón Santamarina: Memorias dun loitador antifranquista O testemuño do comunista David Álvarez Carballido. Ed. Alvarellos, 2018. ISBN: 978-84-16460-44-1.
13.-Carlos Iglesias Castelao: As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do s. XIX, Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, 2018. ISBN: 978-84-16460-51-9
COMPOSICIÓN DO XURADO
Presidente: Antonio Reigosa, Cronista oficial de Mondoñedo.
Vogal designado polo Consello da Cultura Galega.
Vogal designado pola Real Academia Galega
Vogal designado pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).
Vogal designado pola Asociación Galega de Editoras.
Vogal designado polo Instituto Galego de Historia.
Vogal designado por Facultade de Humanidades de Lugo (USC)
Vogal designado polo Concello de Mondoñedo.
Secretario: Fran Bouso, designado pola asociación convocadora deste premio.
Os nomes dos membros do xurado con capacidade decisoria faranse públicos unha vez fallado o premio. Nin o presidente do xurado nin o secretario poden propoñer nin votar obras.
REUNIÓN DO XURADO E FALLO DO PREMIO
O xurado designado para elixir a obra gañadora reunirase en Mondoñedo o domingo, 13 de outubro de 2019, ás 12:00h.
A entrega do premio ao autor/es ou autora/s da obra gañadora terá lugar en acto público a celebrar no Auditorio ‘Pascual Veiga’ de Mondoñedo o domingo, 20 de outubro.
PREMIO
O premio que se entregará ao/á autor/a da obra seleccionada, ou, en caso de falecemento ou outra
causa, a un representante designado polos herdeiros ou titulares dos dereitos da obra premiada,
consistirá nun diploma acreditativo e unha obra artística orixinal e única, creada para esta ocasión
polo artista mindoniense, José Pedro Gómez.
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO
O acto de entrega do galardón á obra distinguida co Premio Mondoñedo10 na modalidade de ENSAIO celebrarase en Mondoñedo o domingo, 20 de outubro de 2019.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



