Santiago de Compostela, 03 de setembro de 19. A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Patricia Otero, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “abandonar” ao sector primario, e nomeadamente ao agrario, que se atopa “na UCI” e necesitado de “políticas serias e contundentes” para o seu rescate. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para pedir un plan de choque para frear a perda de poboación ocupada no sector, que foi rexeitada polo PP.
Otero acusou ao PP e ao goberno galego de “defraudar” ao sector agrario, abandonado á súa sorte mentres caen nun “xogo de descualificacións” para evitar tomar decisións mentres o medio rural esmorece. Explicou que hoxe Galicia conta con 63.600 traballadores agrarios, moi preto da peor cifra, os 61.200 de 2015, e moi lonxe dos 102.500 cos que contaba en 2008, nun sector que perde poboación ocupada mentres no conxunto do Estado esta aumenta.
A pesares dos “casos illados” de incorporacións rexistradas entre 2015 e 2017, derivadas do retorno de traballadores que non atopaban traballo nas cidades, a realidade é que entre xaneiro de 2016 e abril de 2019 perdéronse en Galicia ata 1.670 explotacións agrarias, pasando de 9.078 a 7.408.
A responsable socialista esixiu un plan de acción integral para garantir a recuperación de poboación no medio rural, garantindo o relevo xeracional, o que require fundamentalmente servizos públicos, o que “pode non verse rendible economicamente, pero si socialmente”. Explicou que para a xente moza é fundamental contar cun pediatra adecuado ou prazas en residencias públicas para maiores á hora de plantearse o seu futuro no rural.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



