Lugo, 19 de setembro de 2019. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o vicepresidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Jose Manuel Cela Rodríguez, presentaron este xoves nos xardíns do Pazo de San Marcos as xornadas Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo do mes de setembro. Estas degustacións terán lugar, dende mañá venres ata odía 29 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes introducirán nos seus menús o Porco Celta, e grelos, patacas e mel de Galicia cociñados con diferentes estilos.
García Porto destacou que “desde o mes de abril e ata o vindeiro mes de novembro impulsamos, desde a Deputación de Lugo e da man de APEHL, este proxecto co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico e dinamizando o sector servizos na provincia. Nesta liña, a través desta programación, poñemos en valor a excelente calidade dos produtos gastronómicos de Lugo a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade, como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou a Denominación de Orixe (DOP)”.
Coas Exaltacións Gastronómicas, a Deputación continúa apostando pola promoción dos produtos autóctonos de calidade en apoio aos produtores do rural e como clave para o impulso da economía da provincia. Outro dos obxectivos destas xornadas é desestacionalizar o consumo dos produtos como o grelo de Galicia coa fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción.
Calendario de Exaltacións Gastronómicas
Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro.
Os 50 locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



