Lugo, 18 de setembro de 2019. O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou esta tarde nunha xornada de portas abertas das instalacións provinciais da Granxa Gaioso Castro, xunto á Deputada de Medio Rural e do Mar, Mónica Freire; a presidenta de Seragro, Noelia García; a vicepresidenta de Seragro, Noelia Mouzos; e o xerente da empresa Seragro, Rogelio Grille. Á cita acudiron un cento de gandeiros que aproveitaron a ocasión para coñecer de preto o funcionamento das instalacións, e conversar cos seus homólogos que xa teñen experiencia neste centro.
Con esta iniciativa, déuselle a oportunidade aos gandeiros da provincia de observar como se traballa cos animais dende a súa chegada ata a súa partida, reparando ao detalle no coidado que desenvolven as persoas que se ocupan deles. Ademais, puideron visitar cada un dos espazos que integran o centro da man de expertos e profesionais.
Polo momento, son máis de 1.100 xatas de 50 explotacións gandeiras as que se están a recriar no que é o primeiro centro de recría público de gando vacún. Isto suponlle un aforro económico duns 400 euros aos usuarios por animal, pois a recría nestas instalacións é máis barata. En concreto, o custo medio na Granxa Gaioso Castro é duns 1.500 euros de media fronte aos 1.900 que pode supor este proceso en centros privados. O prezo da recría é de 2,39 euros ao día, e inclúe todos os custos de alimentación, transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade e revisións veterinarias.
Segundos os propios gandeiros que xa están a recriar as súas xatas en Castro de Ribeiras de Lea, ademais dese aforro económico, tamén se senten beneficiados na súa calidade de vida, pois poden investir o tempo que dedicaban á recría a outras labores. Hai que ter presente que a recría é un traballo laborioso e que precisa de moita atención, e na meirande parte dos casos as explotacións gandeiras non contan con tanta man de obra que lles permita facer a recría en condicións óptimas.
Outro aspecto positivo que relataron os gandeiros experimentados no centro de recría foi o pulo das súas explotacións dende a súa incorporación ao centro. Ao non recriar nas súas instalacións, poden dedicarlle o 100% do espazo á produción leiteira.
Teñen preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. No caso de que haxa vacantes, poderán acceder aqueles outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Os interesados poden solicitar información no 650-664-776, en infoecriacastro.es ou en www.deputacionlugo.gal.
Centro pioneiro en España
Trátase do primeiro centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte Deputación de Lugo, coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago. Na actualidade, a nivel nacional existen catro centros de recría: en Pantón (Lugo), Mazaricos (A Coruña) e en Mallén (Zaragoza) privados; e un cuarto en Guipúscoa, construído en terreos da Deputación Foral pero tamén de xestión privada.
Instalacións
O Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2 nas instalacións da Granxa Gaioso Castro, situada na localidade de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 becerras. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais, hai 270 casetas individuais destinadas aos animais ata que cumpren os 2 meses; outras 105 colectivas, para que estean entre os 2 e os 6 meses; e para a última fase, cóntase con 13 naves de recría.
O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para a forraxe e 5 esterqueiras para a almacenaxe de residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300 Kw de enerxía co tratamento de 32.000 m3 de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos, polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outra das vantaxes da planta é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaráos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO2 anuais.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



