Burela, 15 de outubro de 2019. A Fundación Expomar traballa no desenvolvemento do proxecto denominado Centro de Coñecemento en Patrimonio Cultural Pesqueiro, segundo deu a coñecer esta mañá o seu presidente e alcalde de Burela, Alfredo Llano. Está cofinanciado polo Galp e suporá, entre outras actividades, a realización de charlas nos centros de ensino, a publicación dun catálogo sobre a fauna e a flora mariñás e a organización do 1º Congreso Nacional de Artes de Pesca en Burela. O obxectivo é poñer en valor o sector náutico pesqueiro da zona e levar adiante algúns dos puntos que recolle o estatuto da propia Fundación Expomar.
O presidente da Fundación, Alfredo Llano, anunciou que “imos organizar, de aquí a rematar o ano, un proxecto cofinanciado polo Galp, ao que lle pedimos unha subvención que foi aprobada, porque nos parece un proxecto interesante para aplicar no noso concello, que se denomina Centro de Coñecemento en Patrimonio Cultural Pesqueiro”.
Llano explicou que “entre outras cousas imos tratar de divulgar o patrimonio e a cultura mariñeira, se vai tratar tamén de fomentar a creación de emprego ligado ao mar, queremos ademais achegalo aos centros educativos da comarca e sobre todo de Burela, e implementar ferramentas que axuden á transmisión de información e coñecemento. Queremos tamén captar fluxo turístico en épocas de baixa demanda, que xa se está facendo co noso barco museo e as visitas á lonxa, pero queremos aumentar esas posibilidades como é a visita ás redeiras ou as rutas xeolóxicas, etc…, e ademais involucrar á poboación local en todos os temas que teñan relación coa pesca”.
O presidente da Fundación Expomar engadiu que “desde o mes de novembro a finais de decembro imos facer un repositorio das actas de pesca, e imos elaborar un catálogo da flora e da fauna mariñás, que é moi interesante para poder distribuílo tanto nos centros comerciais como nos institutos e os colexios de ensino. Tamén imos impartir unha charla por todos os centros educativos tanto de Burela como da comarca, e convocaremos o concurso O Mar Luce, que de momento imos plantexar nos dous institutos e nos dous colexios de ensino primario de Burela”.
Llano salientou que “este proxecto tamén inclúe algo que creo que é moi novidoso e singular, que é a organización do 1º Congreso Nacional de Artes de Pesca. Estamos traballando e queremos que sexa a mediados do mes de decembro, e cremos que é importantísimo para facer unha boa divulgación de como se pescan diferentes especies con diferentes artes. Queremos que veñan expoñer esas artes de lugares como Andalucía, Santander, País Vasco, Asturias, das Rías Altas e das Rías Baixas, queremos que sexa moi representativo do sector e que dea a coñecer unha pesca sostible utilizando as nosas artes tradicionais”.
O presidente da Fundación Expomar comentou que “estamos traballando xa a través dunha empresa que se chama Valora, que nos está levando os temas organizativos. Xa fomos aos colexios, e imos intentar facer un bo congreso e unha boa divulgación a través das publicacións. Cremos que este proxecto é importante para favorecer ao sector náutico pesqueiro, darlle a importancia que lle corresponde e, sendo coherentes co noso estatuto de Expomar, facer aquelas actividades que corresponde”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



