Burela, 31 de outubro de 2019. A Mancomunidade de Concellos da Mariña entregou hoxe os diplomas aos cen participantes no segundo Plan Integrado de Emprego, que veu desenvolvendo dende finais de 2018. No programa participaron dez Concellos e o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, destacou o seu éxito xa que 35 persoas lograron un traballo e dúas montaron o seu propio negocio.
Alfredo Llano contou que ue “hoxe entregamos diplomas a cen persoas que participaron no Programa Integrado de Emprego que organizou a Mancomunidade de Concellos da Mariña. Este é o segundo plan que organiza a Mancomunidade, e pensamos que é un éxito extraordinario e unha boa forma de favorecer que moita xente atope traballo ou polo menos se prepare para atopalo”.
O presidente da Mancomunidade dixo que “nesta ocasión houbo cen participantes para a mellora ocupacional e inserción laboral, e foi dirixido case exclusivamente a colectivos de baixa cualificación ou difícil inserción laboral. Desenvolveuse dende finais de 2018 ata hoxe, que rematou coa entrega de diplomas. Houbo dez concellos que participaron, da Mariña oriental foron: A Pontenova, Ribadeo, Barreiros e Riotorto; da Mariña central: Alfoz, Burela, Foz e O Valadouro; e da Mariña Occidental: O Vicedo e Viveiro”.
Llano explicou que “se impartiron módulos transversais e, sobre todo, a formación específica centrada nos sectores agrarios e de servizos, con cinco especialidades diferentes. Hai que destacar que houbo, en formación específica, cursos de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes que foron 280 horas, cursos de agricultura ecolóxica con 280 horas, cursos de operacións auxiliares en conservación e mellora de montes con 280 horas, cursos de operacións básicas de restaurantes e bar con 280 horas e cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais con certificado de profesionalidade que foron 468 horas. Cubríronse todas as prazas para facer esta formación específica e, unha vez rematada, os participantes fixeron 80 horas de prácticas profesionais, que foi algo novidoso e bo para fortalecer este programa”.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña declarou que “a obriga nosa era facilitar a inserción laboral a 35 persoas e conseguiuse unha inserción por conta allea de 34 persoas, e dúas delas crearon dúas empresas mentres estaban facendo o programa. Pensamos que na Mariña cumprimos perfectamente os obxectivos e a verdade é que houbo xente detrás que traballou moi ben e con moito rigor. Os títulos que se dan hoxe son realmente merecidos e traballados, así que imos procurar seguir con estes temas na Mancomunidade porque a evidencia nos di que é positivo e ademais a xente que participa sae moi satisfeita”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



