Mondoñedo, 13 de outubro de 2019. REUNIÓN DO XURADO
En Mondoñedo, domingo, 13 de outubro de 2019, ás doce horas reúnese no seminario ‘Santa Catarina’ o xurado do Premio Mondoñedo10 _2019 Modalidade Ensaio, integrado polas seguintes persoas:
Presidente: Antonio Reigosa, Cronista oficial de Mondoñedo.
D. Xosé Manoel Núñez Seixas, vogal designado polo Consello da Cultura Galega.
D. Pegerto Saavedra, vogal designado pola Real Academia Galega
D. Cesáreo Sánchez Iglesias, vogal designado pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).
Dona Silvia Bello, vogal designada pola Asociación Galega de Editoras.
D. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, vogal designado polo Instituto Galego de Historia.
D. Xaquín Rodríguez Campos, vogal designado por Facultade de Humanidades de Lugo (USC)
Don Xoán Ramón Fernández Pacios, vogal designado polo Concello de Mondoñedo.
Secretario: Fran Bouso, designado pola asociación convocadora deste premio.
OBRAS FINALISTAS Premio Mondoñedo10 _2019 Modalidade Ensaio
Atendendo aos puntos 2º e 3º das bases do Premio e despois das propostas realizadas polos membros do xurado decláranse finalistas as seguintes obras:
01.-Ramón Nicolás: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, Edicións Xerais de Galicia, 2012. ISBN: 978-84-9914-402-3.
02.-Xosé M. González Reboredo:Os santos titulares de parroquia en Galiza, Sotelo Blanco Edicións, 2012. ISBN: 978-84-7824-626-7.
03.-Xaime Subiela: Para que nos serve Galiza? Galaxia, 2012. ISBN: 978-84-9865-502-5.
04.-Xurxo Ayán / Manuel Gago: Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI, editada por 2.0 Editora, 2012. ISBN: 978-84-938683-9-0.
05.-Francisco Rodríguez Sánchez: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), edita Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 2013. ISBN: 978-84-938747-0-4.
06.-Antón Cortizas: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, Edicións Xerais de Galicia, 2013. ISBN: 978-84-9914-486-3.
07.-Helena Miguélez-Carballeira: Galiza, um povo sentimental? Através Editora, 2015. ISBN: 978-84-87305-86-3.
08.-Ramón Villares: Historia de Galicia, Galaxia, 2016. ISBN: 978-84-9865-672-5.
09.-Roberto Fernández Álvarez: Enfermos pobres, médicos tristes: Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas, Ed. Dr. Alveiros, un selo de Urco editora, 2017. ISBN: 978-84-942726-6-0.
10.-Ramón Villares: Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017. ISBN: 978-84-9151-082-6.
11.-María Xesús Lama: Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), Galaxia, 2017. ISBN: 978-84-9151-040-6.
12.-Anahí Almasía, Mariela Sánchez e Antón Santamarina: Memorias dun loitador antifranquista O testemuño do comunista David Álvarez Carballido. Ed. Alvarellos, 2018. ISBN:
978-84-16460-44-1.
13.-Carlos Iglesias Castelao: As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do s. XIX, Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, 2018. ISBN: 978-84-16460-51-9
FALLO DO PREMIO
Despois das oportunas deliberacións resultou gañadora por maioría a obra:
Identidade e afectos patrios, Galaxia (2017), da autoría de Ramón Villares.
O xurado valorou a orixinalidade dunha obra que aborda cuestións que teñen que ver non só co pasado senón que nos dá unha perspectiva de futuro. Sitúase na tradición oteriana da historia de Galicia. Froito do resultado dunha bagaxe ou madurez investigadora. Todo elo expresado cunha alta calidade literaria.
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO
O acto de entrega do galardón ao autor da obra distinguida co Premio Mondoñedo10 na modalidade de ENSAIO celebrarase en Mondoñedo o domingo, 20 de outubro de 2019, no Auditorio Pascual Veiga, a partir das 12:00h.
PREMIO
O premio consiste nun diploma acreditativo e unha obra artística orixinal e única, creada para esta ocasión polo artista mindoniense, José Pedro Gómez.
As autoras e autores das obras finalistas recibirán un diploma acreditativo.
FONDO PREMIO Mondoñedo10
Como sucedeu nas tres edicións anteriores (Narrativa, Poesía e Teatro), a organización deste Premio entregará un exemplar de cada unha das obras finalistas á Biblioteca Municipal ‘Pena Trapero’, obras que pasarán a formar parte do Fondo Premio Mondoñedo10





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



