Ribadeo, 31 de outubro de 2019. No pleno ordinario que se celebrará o vindeiro martes, 5 de novembro, revisaranse as taxas e impostos do vindeiro ano. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que non haberá incrementos agás nos casos das concesións administrativas como poden ser a piscina ou a auga e o saneamento. Baixará a recollida do lixo e tamén o IBI. Sobre o Imposto de Bens Inmobles o rexedor lembrou que xa neste 2019 nos recibos que estes días se están a pasar ao cobro hai unha baixada do 16%, tal e como se comprometeu no seu momento para compensar a suba dos valores catastrais. E subliñou que en 2020 quedará estabilizado nun 8% menos que no 2018.
Suárez Barcia explicou que “este pleno ordinario que imos celebrar o vindeiro martes, día 5, é unha destas sesións que os Concellos sempre temos ao final de cada ano para revisar as ordenanzas económicas do ano seguinte: taxas, impostos, etcétera. Desde o goberno municipal decidimos non tocar ningunha á alza, tan só aquelas onde existen concesións administrativas e existe unha obriga pactada desde o inicio das concesións de incrementar as tarifas, como é o caso da piscina, que no incremento interanual vai ser unha pequena suba do 0,1 por cento; ou da auga e o saneamento, no que vai haber unha suba polos anos nos que non se produciu, un período acumulado de 7 anos, que vai supoñer un 7,2 por cento de incremento”.
O rexedor engadiu que “se vai modificar ao mesmo tempo á baixa a tarifa da taxa do lixo porque é unha obriga derivada de acollernos no seu momento a unha posibilidade que abriu Sogama, a sociedade pública da Xunta de Galicia, de bonificarnos o canon aos Concellos no caso de que fixéramos actuacións relevantes de educación ambiental e que ao mesmo tempo trasladásemos aos usuarios finais do servizo a parte correspondente”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “por outra banda, levamos a este pleno un punto sobre o IBI, o imposto de bens inmobles, no que non se modifica absolutamente nada, simplemente se lle dá unha redacción á ordenanza para evitar confusión posto que o tipo aplicable ao IBI urbano para o ano 2020 estaba situado nunha disposición transitoria nesta ordenanza, o que podía levar a unha confusión no futuro, polo que os técnicos municipais suxiren sacar esta disposición dunha transitoria e poñelo no articulado ordinario. Hai que ter en conta, no que ten que ver co IBI, que neste exercicio económico, que se están pasando nestes días os recibos ao cobro deste ano 2019, veñen cun 16 por cento menos respecto ao exercicio precedente, tal e como acordáramos para compensar a suba dos valores catastrais, e vista a imposibilidade que tivemos no 2018, polo que esta baixada foi trasladada para este ano 2019. Significando así que para o ano 2020 quedara estabilizado nun 8 por cento menos que no 2018”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



