Lugo, 15, outubro, 2019. O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, asumiu hoxe en primeira persoa a responsabilidade de rexeitar na Deputación a moción defendida polo PP, no pleno extraordinario que solicitou, para reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez medidas para garantir o futuro da térmica de Endesa en As Pontes e o dos seus traballadores. A iniciativa popular foi defendida polo vilabés Agustín Baamonde, que acabou resumindo así a posición dos socialistas: «Saímos de aquí abraiados, porque vostedes, que son os que están en relación co Goberno da nación ofrecen [aos traballadores] bágoas en día de choiva».
A moción popular tiña por obxectivo buscar o acordo do pleno para amosar pola Deputación « todo o seu apoio e solidariedade cos traballadores da central térmica de Endesa en As Pontes, coa industria auxiliar, cos transportistas vencellados a ela e co porto de Ferrol, esixindo do Goberno de España a aplicación de medidas urxentes para garantir a inmediata reapertura da central de As Pontes e, no caso contrario, a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, principal responsable da situación da central pontesa». Baamonde dixo que o PP solicitou o pleno extraordinario para dar á institución provincial «a oportunidade de expresar a solidariedade cos traballadores», así como o compromiso na defensa da economía da provincia e de Galicia. Explicou de novo que o PP non puido aceptar a declaración institucional que propuxo o goberno provincial, despois da convocatoria do pleno. Non foi, dixo, por non estar de acordo en que este é un asunto de país, que require unidade, senón «pola desidia e inacción» da Deputación neste asunto, que estivo «de perfil» e chegou a acusar aos populares de querer montar un espectáculo de circo
Baamonde destacou que o actual estado de cousas e as solucións necesarias poñen o foco no Goberno central. Apuntou que seguramente o Goberno coñecía as intencións da empresa e non reaccionou, e cando o fixo non aportou solucións. Apuntou unha dura crítica á falla de planificación da transición enerxética, da que dixo que ten que ser ordenada e rigorosa para manter a paz social
Á vista dos argumentos expostos pola socialista Pilar Porto e o nacionalista Efrén Castro, Baamonde resumiu con un contundente excusatio non petita accusatio manifesta, porque PSOE e BNG tentaron desviar o foco desde o Goberno central á Xunta. Baamonde está convencido de que os dous grupos do goberno provincial estaban máis preocupados polo debate en si que por buscar solucións ao problema, que é o do futuro de Endesa-As Pontes e o dos seus traballadores directos e indirectos. Chegou a dicir que se a Deputación se houbese posto ao lado dos traballadores, o PP houbera aceptado firmar a declaración institucional, porque os populares «non queremos protagonismo, senón ser partícipes da solución do problema». Afirmou: «Na nosa proposta non hai electoralismo». Dixo que socialistas e nacionalistas falan de buscar solución para Endesa-As Pontes «pero con vaguedades». Preguntouse se non estarán tratando de gañar tempo ata despois das eleccións xerais.
Socialistas e nacionalistas presentaron unha emenda á moción do PP, que propuxo modificala. Tras un receso de cinco minutos non houbo acordo, pese a que os populares propuxeron un acordo baseado no adoptado no Parlamento días pasados. Non foi posible, porque PSOE e BNG non aceptaron.
Á hora de votar, houbo empate a 12, e foi o propio presidente, o socialista José Tomé, o que, co seu voto de calidade, decidiu rexeitar a moción popular, na que, en síntese, se pretendía esixir ao Goberno de España «a aplicación de medidas urxentes para garantir a inmediata reapertura da central de As Pontes e, no caso contrario, a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, principal responsable da situación da central pontesa».
Antes do inicio da sesión plenaria, a voceira popular na Deputación e presidenta provincial do PP, Elena Candia, deixou moi claro que «estamos nunha situación extraordinaria e, probablemente, todos temos as mesmas preocupación pero non todos os grupos políticos teñen a mesma responsabilidade». Engadiu: «O que pasa
é froito da improvisación do Ministerio e está provocando dúbidas, incertezas e grandes preocupacións a familias que non saben cal vai ser o seu futuro inmediato». Tamén declarou: «Todos nas institucións temos que falar claro, non podemos poñernos de perfil neste momento na nosa provincia; están tocadas de maneira moi preocupante estruturas industriais que xeran moitos postos de traballo». Tamén dixo Candia: «As familias que saen a manifestarse en Madrid para esixir que non se peche Endesa queren que os políticos de Lugo falen alto e claro e que xestionen e cambien a decisión do Ministerio, que pode provocar un dano irreparable na nosa provincia».
Elena Candia entende que «posiblemente esteamos no momento más difícil dos últimos anos; nós falamos alto e claro». Manifestou: «Os traballadores e os veciños saben que este partido está ao seu lado, estivemos na concentración en Xove e estaremos na de Cervo; é un mecanismo máis para facer corrixir o que cremos que son improvisacións que poden provocar prexuízos moi grandes na nosa provincia».





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



