O curso estará coordenado polo Professor Doutor António Firmino. Este curso do Centro de Formación e Recursos (CFR) da Mariña conta con 22 docentes matriculados e prolongarase durante dúas semanas para completar un total de 24 horas lectivas. Na axenda desta primeira xornada figura un completo programa de actividades de toma de contacto coa lingua e a cultura de Cabo Verde. Xa na parte final, ás 20:00 horas, realizarase un breve acto de inauguración ao que están convidados o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e Antonina Semedo, en representación da comunidade caboverdiana.
Comeza en Burela un curso de lingua caboverdiana dirixido especificamente para persoal docente
Comeza en Burela un curso de lingua caboverdiana dirixido especificamente para persoal docente
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo