Compostela, 26 de outubro, 2019. Compromiso por Galicia, concordando en moitas das cuestións propostas na Declaración de Llotja de Mar, decidiu declinar o convite á ser parte asinante deito polo Presidente de PDeCAT, por varios motivos, que relatamos:
-) A declaración proposta inicialmente pretendía ser unha nova DECLARACIÓN DE BARCELONA, pero para CxG está nova está moi centrada na actual situación derivada do Procés. Pois en consecuencia do traballo feito por CxG os dous últimos anos para recuperar GALEUSCA non compartimos deturpar a anterior declaración.
-) A actual conxuntura social e electoral no respaldo a calma e reflexión necesarias para unha declaración histórica.
-) Compromiso por Galicia aposta firmemente pola bilateralidade na negociación co Estado, buscando un estatus novo para a Nacións, que nos sitúe nunha nova relación no marco europeo, con esta declaración iso non fica claro.
-) Concordando co fondo pragmático da Declaración, entendemos que ás portas dunhas eleccións non é o momento social, nin o clima de explicación dunha postura política que precisa o respaldo dos pobos, perdendo ocasión dunha acción mellor.
“respectamos a decisión política do BNG de estar nesta declaración, e seguimos dende CxG apostando por traballar para que o pacto BNG-CxG teña presenza en Madrid. A diferencia de posturas é tamén parte da unidade de acción. Seguimos cos mesmos obxectivos que na firma do pacto” sinalou Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de CxG.