Ribadeo, 3 de outubro, 2019. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, vén de comprobar o remate das obras de mellora que a Xunta de Galicia executou na estrada LU-133 en San Vicente de Covelas. Concretamente, e cun investimento de preto de 52.000 euros, os traballos realizados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade circunscríbense ao treito quilométrico que vai dende o punto 14,300 ao 17,300, e incluíron o fresado nas partes da calzada co firme máis deteriorado.
O tamén parlamentario popular pon en valor así o esforzo e compromiso da administración autonómica coas infraestruturas de Ribadeo, destacando que se cumpre “a palabra dada polo Goberno de Feijóo”.
Daniel Vega salienta, ademais, que o Goberno autonómico con esta actuación completa así outras actuacións anteriores de mellora da seguridade viaria e reforzo localizado do firme nesta estrada autonómica, que comunica as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros), e nas que a Xunta xa “inxectara” 800.000 euros.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



