Ribadeo, 17 de outubro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, mantivo un encontro este mediodía no seu despacho no Concello co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, que hoxe visitou Ribadeo para coñecer de primeira man as súas necesidades e preocupacións. Despois de pasar polo Pazo de Ibáñez ambos supervisaron as obras que as dúas institucións están a sufragar no terreo de xogo do campo municipal Pepe Barrera.
O rexedor dixo que “quixemos convidar ao presidente da Deputación, José Tomé, para que viñera ao Concello de Ribadeo onde lle estamos profundamente agradecidos que, a diferenza doutras institucións, aquí na Deputación, xa desde hai moitos anos, sempre nos escoitan, sempre nos reciben e se convidamos nós sempre veñen, e é importante”.
Para Suárez Barcia “quizais hoxe non sexa o momento para iniciar unha serie de peticións que temos moitas que facer, hoxe é o inicio dunha continuación dun traxecto que vimos mantendo coa Deputación, nestes últimos anos, colaborando. Queremos agradecer que viñera o presidente da Deputación a Ribadeo para ver de primeira man algúns aspectos nos que a institución provincial está colaborando actualmente como pode ser a renovación do campo de fútbol, no que colabora dunha maneira importante, a diferenza doutras institucións que colaboran dunha maneira pírrica, pero xa que está aquí tamén lle queremos comentar algúns aspectos que nos gustaría que ao longo deste mandato se puideran ir resolvendo, ben porque son titularidade da Deputación directa ou porque pode colaborar”.
O alcalde engadiu: “queremos agradecer a presenza do presidente da Deputación aquí e tamén dicir que desde Ribadeo estamos moi contentos de que exista un goberno estable na Deputación e de colaboración leal. Espero que siga así sendo todo o mandato e que poidamos facer cousas moi importantes pola provincia, e eu, como alcalde de Ribadeo pola parte que me toca, por Ribadeo”.
Despois de asinar no libro de honra do Concello de Ribadeo o presidente da Deputación, José Tomé, manifestou: “loxicamente supoño que o alcalde me trasladará as súas preocupacións e as súas necesidades. Nós tomaremos nota e, como el dicía, na medida do posible dentro do actual mandato, destes catro anos que nos quedan por diante, trataremos non sei si a todas, pero a algunha delas darlles solución para beneficio dos veciños e veciñas de Ribadeo”.
Tomé Roca leu a continuación o que escribiu no libro de honra do Concello ribadense: “é que para min é unha honra visitar por primeira vez o Concello de Ribadeo como presidente da Deputación de Lugo, un Concello de referencia da Mariña e que ademais supón un importante referente dende o aspecto social e económico e tendo unha profunda tradición mariñeira. Desexo a todos os veciños e veciñas de Ribadeo, personificados no seu alcalde, o mellor para o futuro”.
José Tomé e Fernando Suárez mantiveron unha xuntanza privada no despacho do rexedor e despois supervisaron as obras que se están a realizar no terreo de xogo do campo municipal Pepe Barrera.
Fernando Suárez e José Tomé estiveron acompañados polas deputadas provinciais Mónica Freire e Pilar García, ademais de por concelleir@s da Corporación Municipal de Ribadeo.
O Alcalde de Ribadeo e o Presidente da Deputación supervisaron as obras que se realizan no terreo de xogo do campo municipal Pepe Barrera
O Alcalde de Ribadeo e o Presidente da Deputación supervisaron as obras que se realizan no terreo de xogo do campo municipal Pepe Barrera
Relacionado
-
O PPdeG esixe revisar as axudas ao gasóleo do sector agrícola e pesqueiro e aos fertilizantes
-
O BNG propón un modelo turístico sostible e diversificado que aproveite as potencialidades de Galiza para xerar riqueza
-
Balseiro defende que se revise o veto á pesca de fondo no Atlántico nororiental en apoio ao palangre



















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



