Lugo, 22 de outubro de 2019. O Deputado de Promoción Económica, Pablo Rivera Capón, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e a cinco importadores alemáns: Carlos Rodríguez, representante de Food Material, Juan Arán, representante de Solera Lebensmittel GMBH, Juan Ramón Belmar, representante de Colmado Berlín, Bárbara Schwarzwälder, representante de La Cava Club, David Salcedo, representante de Azafrán Gourmet e Sandra Camarasa, representante de VSI Consulting. Esta visita enmárcase na misión inversa de Alemaña organizada pola CEL e na que están inscritas 35 pemes galegas do sector agroalimentario no marco de Internovamarket Food, un proxecto de cooperación transfronteiriza que busca mellorar a competitividade da cadea de valor do sector da Euro rexión Galicia-Norte de Portugal.
Os empresarios alemáns trasladáronlle ao Deputado o seu interese polos produtos agroalimentarios da provincia de Lugo, incidindo na importancia que para eles teñen os que son de carácter gourmet, para logo distribuír no sector da hostalería e a restauración. Rivera Capón expúxolles as cuantiosas oportunidades que poden atopar en Lugo, “como poden ser os produtos con gran calidade de Lugo, moitos deles con Indicación Xeográfica Protexida, que nós poñemos en valor coas Exaltacións Gastronómicas e polos que a Deputación ten unha aposta clara porque fomentan o emprego e dinamizan a nosa economía”




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



